Biblioteca > Forum Literario > Lorenzo Silva
FORUM LITERARIO |
Abril 2006 |
Este mes propoñémosche ler algunha das novelas do afamado escritor: |
| Moitas das súas obras telas na biblioteca do centro. Esperamos logo que nos deas as túas opinións, críticas… sobre as lecturas que fagas. |
| ANÍMATE A PARTICIPAR! |
Mundos novos te están a esperar! |
Novelista, articulista, ensaísta e avogado español nado en Madrid o 7 de xuño de 1966. Estudou Dereito na Universidade Complutense, traballando como auditor de contas e asesor fiscal desde 1992 ata 2002 , antes de adicarse plenamente á literatura. Publicou os ensaios, Viajes escritos y escritos viajeros (2000) e Del Rif al Yebala. Viaje al sueño y la pesadilla de Marruecos (2001); o álbum infantil ilustrado, Laura y el corazón de las cosas (2002) e o libro de relatos, El déspota adolescente (2003). Pero sobre todo é coñecido polas súas novelas, Noviembre sin violetas (1995), La sustancia interior (1996), La flaqueza del bolchevique (Finalista do Premio Nadal, 1997), Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia (1997), El lejano país de los estanques (1998), El cazador del desierto (1998), El ángel oculto (1999), El urinario (1999), El alquimista impaciente (Premio Nadal, 2000), La lluvia de París (2000), El nombre de los nuestros (2001), La isla del fin de la a suerte (2001), La niebla y la doncella (2002), Los amores lunáticos (2002) e Carta blanca (Premio Primavera, 2004). A súa obra foi traducida ao ruso, francés, alemán, italiano, grego, catalán e portugués. |
![]() |
Sen dúbida, Lorenzo Silva é hoxe un dos escritores firmemente asentados na narrativa española. A iso contribuíron a excelente acollida das súas novelas por parte do público, os premios recibidos, as adaptacións cinematográficas ? El alquimista impaciente , La flaqueza del bolchevique ? e, moi especialmente, determinados rasgos da personalidade do autor e da súa produción literaria. Lorenzo Silva pertence, en efecto, a ese grupo de escritores que pretende topar un camiño intermedio e acceder a un público máis numeroso sen renunciar por iso a satisfacer ao lector experimentado. Destaca por manter unha relación continua cos seus lectores e é capaz de cultivar xéneros moi diversos. |
OBRAS QUE HAI NA BIBLIOTECA |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|

