Con motivo do día da muller traballadora, os alumnos de 2º E.S.O. do I.E.S Pintor Colmeiro tratamos de dar unha visión panorámica da muller rural e da súa relación co mundo do traballo. Para elo estudamos as mulleres do noso Concello, e a súa problemática tendo en conta que Silleda pertence e reúne as características propias do rural de Galicia.
Dividimos o grupo-clase en grupos de traballo e cada un tentou estudar unha faceta da muller rural na actualidade.
Este traballo comeza con unha pirámide de poboación e o seu comentario, seguimos con un estudo acerca da situación laboral das nosas mulleres que comprende datos do Instituto Galego de Colocación e máis unha enquisa que trata de recoller aqueles traballos que fan as nosas mulleres pero que non teñen un recoñecemento explícito, pensamos que xusto porque non son remunerados. Facemos unha pequena incursión no mundo da educación e rematamos con unha especie de síntese da evolución da muller rural na sociedade.
|
| POBOACIÓN |
 |

|
Estas gráficas de idades teñen forma regresiva, é dicir, ten un perfil de bulbo ou urna, que se caracteriza por unha poboación envellecida. Podemos afirmar que nos atopamos ante unha poboación con tendencia ao envellecemento porque presenta un escaso número de nacementos por baixa taxa de fecundidade, e unha notable proporción de poboación adulta.
Tamén se nos mostra que nas idades baixas hai algúns máis homes que mulleres pero a partires de 45-49 anos empezan a baixar os homes e a ser maioría de mulleres, esta tendencia acentúase a medida que subimos en idade recordemos que a esperanza de vida para as mulleres é de 83 anos e para os homes de 78.
Silleda é un Concello rural e nos últimos tempos a poboación tende a diminuir porque a xente nova marcha para as cidades en busca de traballo, isto unido a que a taxa de natalidade diminuiu danos un núcleo que vai perdendo poboación coma todo o rural galego.
|
| O PAPEL DA MULLER NA SOCIEDADE RURAL |
Esta enquisa foi proposta por un grupo de traballo que quixo recoller os datos da realidade coñecida por todos nós. Preténdese ver a evolución da muller segundo idade e e o papel representado na sociedade en tres campos: laboral-económico, estudos e capacidade de decisión. Contestaron a enquisa 42 alumnos de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria.
Polo tanto despois de analizar os datos desta enquisa sacamos estas conclusións xerais:
-
Situación económico- laboral: Vemos que apenas hai avoas que traballaron fóra da casa pero sí hai nais que sí o fan, case o 50%, e as irmás están estudando ou traballando todas. Estos resultados indícannos que a situación económica e laboral das mulleres foi mellorando aínda que nos queda un longo camiño por percorrer.
-
O nivel de estudos: Aparece un alto nivel de avoas sen estudos ou estudos primarios mentras que somentes hai 3 avoas con estudos secundarios. As nais presenta unha porcentaxe superior de estudos secundarios e superiores e as irmás todas teñen estudos secundarios alomenos.
-
Capacidade de decidir: Nas tarefas propostas vemos que as mulleres fan de coidadoras e traballan en todos os campos que se poidan presentar na familia, pero non ten a mesma capacidade de decisión que o home. Concluímos que ela traballa e é de feito un pilar imprescindible na marcha da vida familiar pero cando se trata de mandar queda relegada a un segundo plano.
|
| O EMPREGO |
En Silleda, como en todo rural, a maioría das mulleres dedícanse ao coidado da casa, do gando e da familia, incluíndo nesta as persoas vellas e os nenos. Cando lles preguntamos dinnos que non traballan fóra da casa pero elas refírense a que non teñen un traballo remunerado, porque nos pensamos que traballar as terras é de feito traballar fóra da casa aínda que non é de dereito. Isto pódenos explicar porque á muller rural se lle fai aínda máis complicada que a muller urbana a conciliación laboral e familiar o que se traduce nunha taxa de paro moi alta.
Outro factor que incide na baixa taxa de emprego feminino no rural é a escaseza de comunicacións nas aldeas. As mulleres están illadas, non se poden desprazar á cidade que sería o lugar onde atoparan traballo con maior facilidade.
Paro rexistrado no Servizo Galego de Colocación no Concello de Silleda:
|
TOTAL |
HOMES |
MULLERES |
MENOS DE 25 ANOS
|
48 |
18 |
30 |
MÁIS DE 25 ANOS
|
171 |
78 |
93 |
Como vemos, o paro feminino supera ao masculino en 25 puntos para as persoas menores de 25 anos e aínda que nos maiores de 25 esta diferenza redúcese, segue habendo unha diferenza de case 10 puntos. Temos que ter en conta que as mulleres desempeñan tarefas que reciben un menor recoñecemento social . Ademais sabemos que no rural moitas mulleres debido ao traballo que teñen na casa non se apuntan no Servizo de Colocación.
|
| A FORMACIÓN DA MULLER DE SILLEDA |
Neste momento segundo datos que obran no Departamento de Cultura do noso Concello a taxa de analfabetismo é de 1,7% nas mulleres fronte ó 0,6 nos homes, non esquezamos que case 3000 mulleres do noso municipio posúen estudos inferiores AO graduado escolar.
Sen embargo se nos remitimos á situación educativa que se está a desenvolver na actualidade, vemos que en secundaria hai 190 homes frente a 197 mulleres. No bacharelato temos 90 mulleres frente a 73 homes e na Universidade hai 70 homes frente a 157 mulleres, o que nos indica que na actualidade a muller está máis presente que nunca na educación e desde logo nos estudos superiores elas son maioría, pero é curioso constatar que case tódolos varóns estudan carreiras de ciencias e as mulleres de letras que como sabemos teñen menor prestixio social e están menos valoradas socialmente.
|
| CONCLUSIÓN |
Para rematar diremos que a muller é hoxe un pilar fundamental no sustento do rural galego . Ela coida os dependentes, a familia e moitas teñen un traballo remunerado. Decidimos que se atopa na loita tan actual de ser unha super woman por querer facelo todo.
"A sociedade cambia constantemente, e con ela, a situación da muller"
|
Fontes : Instituto galego de estatística
Concello de Silleda
Instituto galego de coloción
Resultados da enquisa
|