Biblioteca > Olimpíada do Saber
-
A PREGUNTA DO DÍA.- Cada día, de luns a xoves, ás 11:15, publicarase no taboleiro da biblioteca unha pregunta de carácter xeral. Os equipos terán 24 horas para contestar a pregunta. Nese tempo poden consultar todo tipo de material. Se o xurado detecta outro tipo de axuda o equipo quedará descalificado.O equipo que resolva a pregunta e entregue a resposta por escrito na biblioteca, antes das 11:15 do día seguinte á súa publicación, gañará un punto.
-
PISTA A PISTA.- Este xogo durará 4 días, de luns a xoves. Póñense en xogo 4 puntos . Cada día publicarase unha pista e por cada pista publicada restarase un punto dos que quedan en xogo. Cada equipo poderá contestar unha vez por cada pista. Se entrega máis dunha resposta por pista anularanselle tódalas respostas, aínda que algunha fose correcta. A última resposta entregada anulará as anteriores. Aos equipos que acerten a resposta sumaránselles os puntos correspondentes segundo a pista na que acertaron. A resposta e a puntuación acadada por cada equipo sairá publicada cada venres.
| Bases |
A Olimpíada do Saber é un concurso dirixido aos alumnos de 1º e 2º ESO que ten unha duración de catro semanas e consiste na resolución de dous tipos de probas: |
