Biblioteca > Muller e Feminismo > A Muller en Roma


A MULLER EN ROMA

A familia en Roma era un grupo de persoas baixo a tutela do “pater familias” que tiña dereito sobre a vida e a morte de todos os membros, aínda que a muller pode chegar a ser “mater familias” sempre e cando sexa de bos costumes. Este poder dividíase en:

A muller, sen embargo, non pertencía á familia se non estaba casada segundo o rito tradicional. As mulleres peor paradas en Roma eran as escravas que eran consideradas obxectos e non suxeitos de dereitos, posto que ademais de ter os peores traballos, debían compracer aos seus donos nas súas relación extramatrimoniais. As escravas non podían casar aínda que si podían unirse a outro escravo, unión esta chamada “contubernium”.



Os fillos libres, ao nacer, eran depositados aos pés do pai que podía levantalos en sinal de aceptación ou deixalos onde foran postos co cal quedaban abandonados á súa propia sorte. As fillas, cando nacían, se o pai non quería expoñelas debíase dar a orde explícita de alimentalas. Segundo a lei, o primoxénito salvábase da exposición. As expostas, se non morrían, eran recollidas por outras familias como inversión posto que ao chegar á súa xuventude eran vendidas como escravas ou como prostitutas. As nenas eran confiadas a escravas ou a amas de cría, que se encargaban da súa crianza. Da educación encargábanse os mestres que ían á súa casa. Así pasaban da infancia á xuventude na que pronto casaban.



O MATRIMONIO

Para que o matrimonio fose válido facían falta catro condicións:

  • A pubertade: a capacidade fisiolóxica para poder ter fillos
  • O consentimento dos esposos: nunha primeira época o pater familias decide sen opinión dos seus fillos. Máis tarde os matrimonios adoptaban realizarse co consentimento dos esposos: o consentimento do “pater familias” e se este se opón, o matrimonio non pode realizarse.
  • “Connubium”: facultade legal para contraer nupcias, é dicir, ser cidadán roman
Escea de Matrimonio Romano

Casaban a pronta idade e na maioría dos casos o matrimonio fora concertado polos pais. Unha vez casada, colaboraba activamente na dirección da casa. Participaba co seu marido nas obrigas que a vida social lles esixía, compartía con el a autoridade sobre o fillos e os serventes, saía libremente de compras, e asistía a reunións e a banquetes nos cales debía permanecer sentada, a diferenza dos homes que estaban recostados, e non podía beber viño puro pero si unha mestura de viño e mel (“mulsum”). Estas prohibicións foron desaparecendo. Asistían tamén aos espectáculos públicos e algunhas chegaron a participar como loitadoras e corredoras, etc.
A partir da república xeneralízase o matrimonio sine manu : os bens do marido e da muller quedan separados o que lle permite á muller administrar os seus propios bens alcadando unha independencia económica. En moitos casos esta superioridade económica fai que sexa o home o que se sinta inferior a súa muller.

“ Se amas inxenuamente a túa muller, se só a ela lle entregaches a alma, inclina a cabeza, coa cerviz disposta a soportar o xugo. Non encontrarás unha soa que perdoa algo ao seu marido. Aínda que estea totalmente namorada, goza en atormentalo e en desposalo. De modo que a un esposo tanto menos útil seralle a súa muller canto máis el sexa bo e desexable. Nada darás se a túa esposa se opón, se ela se nega, nada poderás vender. Tampouco comprarás se ela non quere. Ela percibirá os teus efectos.” (Juevenal, Sátiras ,VI, 206-214)

No tipo de matrimonio falado anteriormente o divorcio era moito máis sinxelo. Para divorciarse, tanto o home como a muller, chegaba un aviso oral ou escrito; no cal a fórmula habitual era: “colle as túas cousas e vaite!” cando o marido repudiaba a muller, ou “deixo as túas cousas contigo!”, cando a esposa era a que abandonaba ao marido.

No terreo político a muller non posuía ningunha clase de dereitos. Os autores clásicos sempre recorren ao mesmo argumento: infirmitas feminarun (debilidade das mulleres).


A MULLER NA SOCIEDADE ROMANA

Dende os primeiros tempos a muller gozou de moita máis liberdade cá grega, aínda que dende o punto de vista legal estaba baixo a autoridade do pai ou do marido carecendo de dereitos políticos e xurídicos. Sen embargo, ocupou un lugar importante dentro da familia e da sociedade e co paso dos anos adquiriu unha liberdade e independencia similar nalgúns aspectos á da muller actual. As mulleres non tiñan nome propio, ou sexa, praenomen . Só tiñan nome xentilicio, nomen, e o familiar ou alcume, cognomen . Non se sabe, en realidade, se non tiñan ou se non se querían que este se pronunciase xa que nos textos practicamente non se conserva ningún praenomen de ningunha muller.

O único momento do ano no que as mulleres eran libres era durante os cultos báquicos, as Bacanais. Nestas, as mulleres bebían viño, feito prohibido para elas, como mencionamos anteriormente, e practicaban sexo tanto heterosexual como homosexual. A existencia destas ceremonias demostra que o papel da muller no mundo romano era de procreación e de reprodución e non había lugar para o erotismo e o amor. A muller romana participaba como dona e matrona en toda a vida social da casa.

A dignidade da muller romana está a anos luz da grega. Nun principio era un modelo de austeridade, de fidelidade e de laboriosidade, pero co paso do tempo os costumes foron cambiando e así podemos ver distintos exemplos de mulleres romanas que foron famosas no seu tempo por diversas razóns:

As mulleres romanas fronte ás gregas educaron persoalmente aos seus fillos, co que o seu papel non era só o de maternidade se non que participaban na vida dos seus homes para así converterse nas máis fieis trasmisoras destes. A sociedade transformouse completamente e mentres autores como Virxilio cantan a grandeza de Roma e o nacionalismo do pobo romano, outros autores como Ovidio, dan consellos sobre como peitearse ou que trucos hai que empregar para disimular os problemas da beleza feminina.
Definitivamente todo cambiou. Unha das mostras da emancipación da muller romana é que comezou a interesarse polos asuntos do Estado e apoderouse delas o desexo de conseguir influencia e poder.
A evolución dende entón foi continua aínda que de todas as formas as críticas dos homes contra a liberación da muller eran habituais, foran esposas dos máis humildes ou dos emperadores. Os comportamentos libertinos sería máis propios das mulleres de alta alcurnia, mentres que nas clases medias e baixa o comportamento feminino está considerado máis exemplar. Os séculos do principado trouxeron algúns motivos de emancipación das mulleres: podían instruirse no terreo intelectual, romper un matrimonio, se este non funcionaba, e disfrutaban da liberdade sexual.

Con isto acabamos a visión da muller romana da antigüidade. O seu estudo amosounos que desgrazadamente a situación da muller na actualidade non cambiou todo o que fora desexable. Invitámoste a que tentes mellorala.

Lidia Troitiño Pérez 2º BH
Melania Villanueva Suárez 2º BH
Pepa Rivas Fernández2º BH

Erea Viz Calleja 2ºBH

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos