| FRASES ESCOLLIDAS DE MULLERES |
“Os temas non son meus, son o mundo mesmo. E, á vez, o mundo mesmo son eu. O tema é o que me fai a min comunidade: unha preocupación polo devir da humanidade, unha maneira galega de ser humana, unha preocupación polo devir de ser galega”
LUÍSA VILLALTA
|
“Que verso parte en dous a nosa historia
se non temos historia, só este verso?”
MARÍA DO CEBREIRO RÁBADE VILLAR
|
“Algo tan grande como que alguén che ensine a ler é o amor. Algo tan incalculable como o recordo dun bico, como a liberdade de antepoñer un posesivo porque sabes que non es unha xaula.”
ANXOS SUMAI
|
“¡Quero fundir en min a enigmática melodía
que suca desertos,
que traza dunas de lúa
pendurando dun ceo subversivo!"
OLGA PATIÑO NOGUEIRA
|
“Somos animais en proceso de humanización. A ciencia substituirá o útero das mulleres e seremos nais e persoas autenticamente liberadas”
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
|
“Ser muller. Ser valente.
Procurar a liberdade.”
LUCÍA NOVAS
|
“Porque aínda non lles é permitido ás mulleres escribiren sobre o que saben e o que senten”.
ROSALÍA DE CASTRO
|
“Aos que negan á muller
intelixencia e talento,
a mellor contestación
quizais que fose o desprecio”
FILOMENA DATO MURUAIS
|
“Desde alí ollei á xente que había no salón. Son sei se contei unha ducia de mulleres, e doume pesar. ¿Onde están as intelectuais?... ¿Onde están as mestras?... ¿Onde están as poetisas?...”
VALENTINA LAGO VALLADARES, na inauguración da nosa Academia
|
“Nacín muller e teño tres defectos:
ser muller, ser pobre e ser poeta.”
Mª MAGDALENA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ
|
“Para loitarmos contra os mitos construídos sobre o corpo feminino, o discurso das mulleres debe ser crítico coa ciencia, anticapitalista e antipatriarcal... E debe incitar á subversión.”
TERESA MOURE
|
“A nosa lei é completamente pálida.
Sempre fomos deste sexo de muller
que nin sequera existe”
EMMA PEDREIRA LOMBARDÍA
|
“Daquelas que cantan as pombas e as flores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu, que non as canto, ¡Virxe da Paloma!,
¡ai!, ¿de que a terei?”.
A contemporaneidade galega non podía ter mellor comezo do que este poema de Rosalía de Castro. A nosa acta fundacional, como mulleres, como galegas, fica clara: transgresión da norma sexista; redefinición do papel social e cultural das mulleres; liberdade de expresión incondicional. De semellante manifesto vimos e a el nos debemos”
Mª PILAR GARCÍA NEGRO
|
“Despois han vir por centos risos de mel e amoras
por centos palabras-canto
palabras-loita
palabras-beixo”
ELVIRA RIVEIRO
|