Biblioteca > Muller e feminismo > Trastornos alimentarios
| INTRODUCIÓN: TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA | ||
Un TRASTORNO DA CONDUTA ALIMENTARIA é unha enfermidade provocada pola ansiedade e preocupación excesiva polo peso corporal e o aspecto físico. Isto ocorre cando unha persoa coloca á comida como eixo central na súa vida. Para a persoa que padece algún trastorno alimenticio a comida adquire un protagonismo especial (dálle un significado específico dacordo a diversos factores psicolóxicos a evolutivos) e basea nela todos os pensamentos e actos que forman parte da súa vida diaria sentíndose superdependente desa idea. A comida convértese na razón pola cal se acude ou non a unha festa ou reunión, evítanse as visitas aos amigos nas horas de comida, déixase de saír a comer a restaurantes que servan comidas que “engordan” inxerindo tan só unha froita ou iogurt en todo o día, de maneira que a comida controla a vida das persoas que sofren este trastorno. Poderiamos dicir que a publicidade e os medios de comunicación mediante a aparición de modelos ou prototipos “perfectos” de home e muller, fermosos e moi delgados, son en parte, os responsables da aparición destes trastornos alimenticios nun adolescente enfermo, xa que nesta delicada etapa o adolescente está en plena evolución tanto física como psíquica e está máis propenso a caer en desarranxos alimenticios ao non ter formado aínda nin o seu corpo, nin a súa personalidade, nin a súa identidade. Neste traballo describiremos algúns trastornos da conducta alimentaria en especial a anorexia e a bulimia nerviosa. |
||
| ANOREXIA NERVIOSA | ||
Desta maneira, prodúcese unha desnutrición progresiva e trastornos físicos e mentais que poden ser moi graves e incluso conducir á morte. Os factores sociais que predispoñen a enfermidade, e incluso a desencadean, son moitos e moi complexos. A presión social e mediática que existe en torno á liña e o adelgazamento ten un papel decisivo na aparición e desenrolo da enfermidade; a moda e a publicidade incitan máis frecuentemente a adelgazar que a manter unha boa saúde.
Os factores predispoñentes e sociais interactúan entre si determinando unha serie de cambios na personalidade e na conducta que, na pubertade e baixo o influxo dos factores precipitantes, conducen ao desexo de adelgazar mediante a realización de dietas ou exercicio físico esaxerado, en efecto produce unha perda de peso progresiva. A desnutrición resultante provoca trastornos mentais que reforzan o desexo de seguir adelgazando, instaurándose desta maneira un terrible círculo vicioso psíquico do que é moi difícil escapar. |
||
| BULIMIA NERVIOSA | ||
A bulimia nerviosa é un transtorno do control da inxesta de alimento, asociado á idea de non querer engordar, é dicir, a persoa non se ve gorda (a diferenza da anorexia ), sen embargo ten pánico a subir de peso.
Debido á forma en que se trata de evitar a integración dos alimentos (vómitos e laxantes), pódese xerar un gran desequilibrio orgánico que incluso pode conlevar graves transtornos do aparato dixestivo e incluso desembocar na morte. Os síntomas e signos máis característicos da bulimia son:
ALUMNOS 4º DIVERSIFICACIÓN |




