Leonardo Fibonacci (1170 , 1250)
O seu pai dirixía un posto de comercio en Bugía (segundo algunhas versións era o cónsul de Pisa), no norte de África, e de pícaro Leonardo viaxou alí para axudalo. Alí aprendeu o sistema de numeración árabe. Conscente da superioridade dos numerais árabes, Fibonacci viaxou a través dos países do Mediterráneo para estudar cos matemáticos árabes máis destacados dese tempo.
Leonardo foi hóspede do Emperador Federico II, que se interesaba nas matemáticas e a ciencia en xeral. En 1240, a República de Pisa hónrao concedéndolle un salario permanente (baixo o seu nome alternativo de Leonardo Bigollo).
Coñecido por Fibonacci, fillo de Bonaccio, non era un erudito, pero por razón das súas continuas viaxes por Europa e o próximo oriente, foi o que deu a coñecer en occidente os métodos matemáticos dos hindús.
É famoso pola invención da sucesión de Fibonacci, xurdida como consecuencia do estudo do crecemento das poboacións de coellos, e por popularizar o sistema de numeración posicional en base 10 (ou decimal) en Europa.
Hipatia de Alexandría (370 - 415)
Naceu en Alexandría, o seu pai era matemático e profesor de museo e preocupouse de darlle unha boa formación e conseguiuno pois Hipatia foi unha filósofa, astrónoma e matemática que chegou a superar ao seu pai.
Contribuiu á invención de aparellos como o aerómetro e construiu o astrolabio. Era defensora do heliocentrismo (teoría que defende que a terra xira arredor do sol). Traballou sobre escritos relacionados coas ecuacións diofánticas, sobre as cónicas e a xeometría e tamén elaborou táboas sobre movementos dos astros. Estudou no museo e despois viaxou por Italia e Atenas onde perfeccionou os seus coñecementos, e cando volveu a Alexandría foi profesora durante 20 anos. Ensinou matemáticas, astronomía, lóxica, filosofía, mecánica... de todas partes do mundo chegaban estudantes para aprender dela.
Hipatia era o símbolo do ideal grego porque reunía sabiduría, beleza, razón e pensamento filosófico e ademais era unha muller científica e cun papel político importante. No ano 415 cando tiña 45 anos foi asasinada por monxes fanáticos da igrexa de San Cirilo de Xerusalén xa que ela era partidaria do racionalismo científico grego e non quixo convertirse ao cristianismo.
Omar Jayyam (
1040, 1131 )
Pouco se sabe da vida de Omar Jayyam. Tan só que naceu a mediados do século XI en Nishapur (Persia), onde pasou case toda a súa vida, e que morreu no 1131. Alí e na cidade de Balj, recibiu unha sólida educación nos temas das ciencias e filosofía.
No 1070, trasladouse a Samargand, onde o patrocinio do xurista Abú Taher lle permitiu completar a súa tese sobre Demostracións de Álxebra e Comparación.
Con ela logrou gran recoñecemento e prestixio, ata o punto de ser chamado polo sultán Malek Shah, que lle encargou a construción dun observatorio astronómico situado en Marv, (actualmente Mary, en Turkmenistán) segundo consigna Nezam-o-Molk, no seu libro Siasat Namé, en colaboración con outros sete astrónomos e matemáticos, entre eles: Abdolrahman Jazení e Meimún-ebne Nayib Vasetí.
A obra fundamental de Jayyam é un álxebra, escrita arredor do 1074. Consérvanse varias copias de data bastante temprana, polo que é un tratado moi ben coñecido.
O seu pensamento foi heterodoxo, o seu saber inmenso, a súa obra variadísima. Do que nos chegou da súa poesía non sempre é fácil distinguir o auténtico do apócrifo, e do que sabemos da súa vida, a historia da lenda. A súa máis importante aportación algebraica foi a resolución sistemática das ecuacións cúbicas cortando cónicas. |