A Web do Colmeiro
Web do IES Pintor Colmeiro
Quen somos?
Membros do Departamento
Programacións

Programacións

Xogos
matemáticos

Xogos Matemáticos

Ligazóns
interesantes

Ligazóns

Zona de
Descarga

Zona de Descarga
Matemática e Literatura
Matemática e Literatura
Fotografía
Matemática
Concurso de Fotografía matemática
Rallye e Olimpiadade Matemáticas
Rallye Matemático

Revista de Matemáticas

Unidades de Descartes

 

Inicio>Departamentos > Matemáticas

Desde o departamento de Matemáticas do IES Pintor Colmeiro dámosche a benvida a este noso pequeno recuncho dentro do universo cibernético.

Convidámoste a que te adentres dentro del e descubras todo o que che ofrecemos. BOA VIAXE!!

Unidade didáctica para Métodos estatísticos e numéricos.
Ampliamos a oferta de unidades elaboradas co applet Descartes.

Se estás estudiando a Métodos Estatísticos e Numéricos podes usar esta ligazón á unidade didáctica de variables aleatorias e esta outra para acceder a variables estatísticas bidimensionais.

Unidade didáctica para matemáticas B de 4º ESO.
Se estás estudiando a opción B de matemáticas de 4º ESO, podes usar esta ligazón á unidade didáctica de semellanza e trigonometría elaborada co applet Descartes.
Se quixeras consultar outras unidades ou aplicacións semellantes, de calquer curso da ESO ou do Bacharelato, poder ir á páxina Descartes do Ministerio de Educación
logo do proxecto Descartes
Novas ligazóns
Queremos invitarte a que visites dúas webs  de matemáticas moi vistosas.
As dúas recibiron premios e os seus contidos están adaptados aos coñecementos e intereses dos alumnos de secundaria.
   Unha, experiencingmaths, é unha web concebida por iniciativa da UNESCO, con máis de 200 situacións matemáticas para experimentar...e para gozar.
   A outra, é a tradución ao español dunha pequena parte da páxina personal de Therese Eveilleau, "Matemáticas e Maxia" Se che gusta visita a orixinal en frances, e pásmate.
 
 

 

Revista de matemáticas
Inauguramos unha nova sección na que queremos dar conta de toda clase de novas ou opinións que sobre as matemáticas.
 

Rallye Matemático 2008 por Marcos González Fernández (4ºA)

O luns día 31 de marzo, tivo lugar a proba anual do Rallie Matemático sen fronteiras 2008, na súa XVI edición; e nos, a clase de 4ºA viñemos ao instituto pola tarde para intentar facer algún problema e sobre todo pasalo ben mentres rompiamos a cabeza cos problemas.

A proba comezaba ás 4 da tarde, ata as 5:30; aínda que ao final botamos un pouquiño máis.

En canto aos problemas, había un pouco de todo: trigonometría, áreas, lóxica, física, volumes…

ler máis

web da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.

 
 
 
 
Imaxe do Supercomputador
Galicia: somos unha potencia computacional.
O supercomputador FINIS TERRAE, cun peso de 140 toneladas, o maior de Europa,  comenzou a traballar o pasado 1 de abril. Está instalado en Santiago. Ten unha potencia  dun Megavatio, que é o equivalente ao consumo duns 700 fogares.

 O FINIS TERRAE é o supercomputador con maior dispoñibilidade de memoria da península e sitúase no número 100 entre os computadores máis rápidos do mundo. Pode realizar máis de 20 billóns (atención: billóns con b) de operacións matemáticas por segundo. Como dirán os expertos, ten unha velocidade de 20 teraflops.

ler máis

 

Unha mirada diferente...


Co gallo da exposición das fotografías matemáticas que presentástedes ao concurso organizado desde o noso departamento, mercamos para a nosa Biblioteca o libro "Anda con ojo" , un marabilloso mostrario de fotografías no que a autora móstranos a beleza da natureza, do noso entorno ou dos seus obxectos; e o fai cunha sencillez e unha sensibilidade que cautivan a quen ve as súas fotografías.
Seguramente se alguén nos preguntase se hai matemáticas ao noso arredor, a maioría diría que non. Sen embargo, Pilar Moreno anímanos con este libro a comprobar que forman parte da nosa vida cotiá.


Portada do libro

A historia e os seus matemáticos


Na seguinte ligazón podes desfrutar da exposición realizada polos alumnos e alumnas de 3º Diversificación sobre a vida e obra dos trinta matemáticos máis sobranceiros da historia.

Non deixes de botarlle un ollo porque pode resultarche interesante!! Preme aquí!!


Xogos Matemáticos

Estamos actualizando a nosa sección de xogos matemáticos. Alí atoparás enredos nos que pasar o teu tempo libre: o coñecido sudoku, encrucillados matemáticos, as torres de Hanoi... ¿Cal prefires?

Xogos matemáticos

Blog matemático
Desde o pasado mes de novembro, temos ao noso dispor un novo lugar de visita obrigada para todos aqueles aos que nos gustan as matemáticas. Trátase do blog Xogamos coas matemáticas creado por Lupe, profesora de Matemáticas aplicadas ás CCSS II e Métodos Estatísticos, no que poderedes acceder a contidos que teñen que ver co universo matemático. Desde aquí dámosvos a posibilidade de acceder a el premendo aquí:
Xogamos coas matemáticas

A miña avoa e as matemáticas

Convencidos como estamos no departamento de que as matemáticas están en todos os recunchos, convidámosvos a que lle botedes unha ollada ao traballo que realizou Alicia Colmeiro no curso pasado sobre a presenza das matemáticas na vida cotiá. A historia narra un día calquera na vida da avoa de Alicia e a súa relación coas matemáticas.

Preme no debuxo para ver a historia...

A miña avoa e as matemáticas





Web do Dpto. de Matemáticas do IES Pintor Colmeiro
Última Actualización: 30 de setembro do 2008