Nicolo Tartaglia (
1500 , 1557 )
Nacido en Brescia, o seu seu verdadeiro nome era Fontana, pero foi apodado Tartaglia pola súa tartamudez, causada por unha coitelada propinada por un soldado francés, que lle derivou secuelas na fala.
Foi autodidacta e grazas ao empeño e tenacidade nos estudos pronto chegou lonxe e moi xoven abriuse camiño en Brescia e Verona como profesor de Matemáticas e calculista público (efectuaba cálculos para arquitectos, enxeñeiros, comerciantes, astrólogos, etc)
Foi o primeiro en idear un procedemento xeral de resolución de ecuaciones de tercer grao, mantendo en segredo os seus métodos. Cardano enganouno baixo a promesa de manter en segredo estes métodos, pero faltando ao seu honor publicounos.
A súa contribución máis importante á matemática foi o coñecido Triángulo de Tartaglia relacionado co desenrolo das potencias dun binomio e cos números combinatorios. Como se pode observar na figura, na cúspide do triángulo hai un 1, na segunda fila hai dous uns, e as demais filas empezan con 1 e terminan con 1, e cada número intermedio obtense sumando os dous que se atopan xusto encima.
Girolamo Cardano (
1501 , 1576 )
Nacido en Pavia (Italia), Cardano era fillo ilexítimo dun avogado de Milán, e profesor de Xeometría na Universidade de Pavia. Cardano axudaba ao seu pai e este ensináballe matemáticas. Cardano era médico de profesión e demostrou coñecer polo menos intuitivamente o fenómeno da alerxia. Ademais, era un matemático de primeira liña.
Plaxiou, copiou e publicou como propio o método de resolución de ecuacións de tercer grao de Tartaglia, despois de prometer ao seu descubridor que o mantería en segredo.
Pasou varias etapas da súa vida no cárcere, debido ás súas numerosas trampas e pillerías. Desde entón asumiuse que a gloria dun traballo científico corresponde a quen primeiro o publique. A súa gran aportación ás matemáticas foi o teorema de resolución da ecuación cúbica.
Galileo Galilei (
1564 , 1642 )
Galileo naceu en Pisa en 1564, fillo dun músico. Ainda que fora á universidade para estudar medicina, decidiu inclinarse cara as matemáticas. Aos seus vintecinco anos foi nomeado profesor de matemáticas na universidade de Pisa, onde comenzou a investigar sobre mecánica e sobre o movemento dos corpos.
Os seus descubrimentos astronómicos foron importantes, sendo el o primeiro en facer do telescopio, recén inventado, un instrumento útil para a observación astronómica. Os descubrimentos astronómicos de Galileo favoreceron ao sistema copernicano, o que lle provocou serios problemas coa Igrexa. En 1632 Galileo publicou o seu Diálogo , onde a súa defensa acérrima do sistema heliocéntrico vén acompañada de vexaciones e insultos cara os seus inimigos. A Inquisición tomou cartas no asunto máis por desobediencia das directivas eclesiásticas que polo propio contido da súa obra. Un longo proceso inquisitorial levou a un vello e decrépito Galileo a abdicar das súas ideas e verse confinado a unha vila en Florencia ata a súa morte en 1642, o mesmo ano do nacemento de Newton, a quen deixou o camiño aberto para a consolidación da mecánica.
Pero a súa contribución máis interesante foi a de establecer o lazo a partir de entón, nunca roto, entre física, en particular a mecánica, e as matemáticas, que ata entón se consideraran como ciencias separadas. |