Departamentos > Matemáticas > A historia e os seus matemáticos

Século XVIII


Leonhard Euler
( 1707-1783 )

Leonhard Euler naceu en Suiza e morreu en Rusia onde viviu maior parte da súa vida. Probablemente foi un dos máis grandes matemáticos da historia, comparable a Gauss , Newton o Arquímedes . Foi fillo dun clérigo que vivía nos alrededores de Basilea. O seu talento natural para as matemáticas evidenciouse pronto polo afán e a facilidade coa que dominaba os elementos, baixo a tutela do seu pai.

O seu pai desexaba que ingresara no sagrado ministerio, e orientou ao seu fillo cara o estudo da teoloxía. Pero, ao contrario do padre de Bernoulli, abandonou as súas ideas cando veu que o talento do seu fillo ía noutra dirección. Leonhard foi autorizado a reanudar os seus estudos favoritos e, aos 19 anos, enviou dúas disertacións á Academia de París, unha sobre arboladura de barcos, e a outra sobre a filosofía do son. Estes ensaios marcan o comezo da súa espléndida carreira.

A unha idade temprana foi enviado á Universidad de Basilea, onde atraeu a atención de Johan Bernoulli. Inspirado por un maestro así, madurou rapidamente, aos 17 anos de idade, cando se graduou Doutor, provocou grandes aplausos cun discurso probatorio, o tema do cal era unha comparación entre os sistemas cartesiano e newtoniano.

A súa carreira profesional circunscribiuse ás Academias de Ciencias de Berlín e San Petersburgo . Foi o protexido de Federico o Grande ; na súa corte protagonizou discusións metafísicas, das que solía marchar enfurecido. Euler dou unha mostra insigne do seu talento, cando efectuou en tres días a resolución dun problema que a Academia necesitaba urxentemente, pese a que se cría irresoluble en menos de varios meses de labor. Pero o esforzo realizado tivo por consecuencia a p erda da vista dun ollo, e máis tarde a vista do outro. Pasou os últimos anos da súa vida cego, pero seguiu traballando.

A obra de Euler é magnífica, tanto polo seu esforzo como pola súa orixinalidade. Euler posuía unha asombrosa facilidade para os números e o estraño don de realizar mentalmente cálculos de longo alcance. A maior parte da súa obra completa está sen publicar. A labor de recopilación dos seus traballos comenzou en 1911 e non hai indicios de que se complete.

 

Gaspard Monge (1746 – 1818)

Naceu en maio do ano 1746 en Francia e estudou nas escolas de Beaune e Lyon, e na escola militar de Mézières. Aos 16 anos foi nomeado profesor de física en Lyon, cargo que exerceu ata 1765. No ano 1768 foi profesor de matemáticas e en 1771 profesor de física en Mézières. Entrou na Academia Real de Ciencias en 1780.

Contribuíu a fundar a Escola Politécnica en 1794, na que deu clases de xeometría descriptiva durante máis de dez anos. É invitado a participar na expedición a Egipto, pero alega que xa esta moi avanzado de idade para participar nesta empresa, Napoleon lógrao persuadir e cambia de opinión.

Regresa a Francia con Napoleón o 23 de agosto de 1799, ano no que publica a súa famosa obra Geometrie descriptive . É nomeado membro do Senado, director da Escola Politécnica e conde de Pelusio. A caída de Napoleón fai que o exclúan do Instituto e da escola Politécnica. Morre en Paris o 28 de xullo de 1818 e seria enterrado no cemiterio do Père-Lachaise. Monge é considerado o inventor da xeometría descriptiva.

 

Paolo Ruffini (1765 - 1822)

Matemático e médico italiano, naceu en Roma no ano 1765, desenrolando toda a súa actividade en Módena, onde morreu. Dedicou moitos anos ao estudo do problema de demostrar a imposibilidade de atopar unha expresión con radicais que resolva unha ecuación de quinto grado, conseguindo resolvelo, ao igual que o matemático Niels H. Abel.

Demostrouno, ainda que deficientemente. Este teorema foi enunciado por primeira vez por Ruffini no libro Teoria generale delle equazioni , publicado en 1798. A demostración foi, sen embargo, incompleta e foi demostrada definitivamente polo matemático noruego Niels Henrik Abel. Sen dúbida algunha, Ruffini é moi coñecido pola súa regra para a división dun polinomio en x polo binomio x - a. 


Thomas Bayes (1702 , 1761)

O seu pai foi un dos primeiros seis ministros presbiterianos que foron ordenados en Inglaterra. A educación de Thomas foi privada, un feito que era necesario para o fillo dun ministro presbiteriano daqueles tempos. Parece ser que de Moivre foi o seu mestre particular, pois sábese que por esa época exercía como profesor en Londres.

Bayes foi ordenado ministro presbiteriano e asistiu ao seu pai en Holborn. Ao final da década iniciada en 1720 foi nomeado pastor en Kent (Inglaterra). Aínda que tentou retirarse do seu puesto eclesiástico en 1749, permaneceu nel ata 1752. Unha vez retirado seguiu vivindo en Turnbridge Wells ata o día da súa morte.  Os seus restos descansan no cemiterio londinense de Bunhill Fields.

En recoñecemento ao importante traballo que realizou Thomas Bayes en probabilidade, a súa tumba foi restaurada en 1969 con donativos de estadísticos de todo o mundo. Teólogo, matemático e membro da Royal Society desde 1742, Bayes foi o primeiro en utilizar a probabilidade inductivamente e establecer unha base matemática para a inferencia probabilística (a manera de calcular, a partir da frecuencia coa que un acontecimiento ocurriu, a probabilidade de que ocurrirá no futuro).