Departamentos > Matemáticas > A historia e os seus matemáticos

Século XX

 

David Hilbert (1862-1943)

Foi un matemático alemán, recoñecido como un dos máis influíentes do século XIX e principios do XX. Estableceu a súa reputación como gran matemático e científico inventando ou desenrolando un gran abano de ideas, como a teoría de invariantes , a axiomatización da xeometría e a noción de espazo de Hilbert, un dos fundamentos do análise funcional.

Hilbert naceu en Wehlau , en Prusia Oriental. Graduouse no liceo da súa cidade natal e matriculouse na Universidade de Königsberg onde obtivo o seu doutorado en 1885. Hilbert obtivo o posto de Catedrático de Matemática na Universidad de Göttingen, que naquel momento era o mellor centro de investigación matemática no mundo, onde permanecería o resto da súa vida.

Hilbert publicou en 1899 "Foundations of Geometry", na que por primeira vez se expoñían satisfactoriamente unha serie de axiomas de xeometría. Hilbert contentouse con definir certas propiedades en vez de definilas. Tamén probou que o seu sistema de axiomas era bastante completo, algo que os gregos admitiran dos axiomas de Euclides, pero sin demostralo. Así completou o traballo de Euclides sin efectuar cambios na esencia, pero o seu fundamento pasou de intuitivo a lóxico.

Traballou sobre os invariantes alxebraicos, xeometría, ecuacións integrais, tamén se dedicou á Física (dicía que a Física é demasiado difícil para os físicos); tamén traballou nos fundamentos das matemáticas e na lóxica matemática.

 

Andrei Kolmogorov (1903 – 1987)

Andrei Nikolaevich Kolmogorov naceu o 25 de Abril de 1903 en Tambow. A nai morreu no parto e o seu fillo foi recollido na casa dos seus avós maternos. Tras obter o grado na escola de secundaria en 1920, ingresou na Facultade de Matemática e Física de Moscú, onde se admitía ao alumnado sen realizar ningún tipo de exame. Nese momento tiña uns coñecementos básicos de matemáticas.

Ao mesmo tempo ingresou no Departamento de Metalurxia do Instituto de Tecnoloxía e Química D. I. Mendeleiev, e continuou os seus estudos de historia na Universidade, onde realizou o seu primeiro traballo estudando os séculos XV e XVI; para a análise dos datos apoiouse en certas técnicas matemáticas, en particular os traballos de Bayes. En 1935 recibiu o grao doutoral en Física e Matemáticas; e desde 1938 ata a súa morte mantivo a Cátedra no Departamento de Lóxica Matemática. Foi membro da Academia de Ciencias e Ciencias Pedagóxicas da Unión Soviética, da Academia de Ciencias de USA, do Instituto Francés e da Royal Society en Londres.

Escribiu moitos libros e máis de 200 artigos sobre Teoría de Funcións, Lóxica Matemática, Teoría das Probabilidades e aplicacións, Problemas de Estacionalidade, Educación e Historia das matemáticas. O seu interese pola teoría de series trigonométricas e teoría descriptiva de conxuntos, fixo que as súas investigacións lle levasen á análise clásica (diferenciación, integración, teoría da medida e lóxica matemática).

Kolmogorov analizou en profundidade as afirmacións e novas construcións da integral, buscando harmonía e claridade a toda a teoría de integración, onde ata ese momento os resultados foran xeralizados sen ningún tipo de orde e conexión.

 

Emmy Noether (1882-1935)

 

Matemática alemá nacida en Baviera a finais do século XIX. O seu pai era profesor de matemáticas na universidade de Erlangen, coñecido polas súas investigacións sobre funcións alxebraicas. Emma estudou alemán, inglés, francés, aritmética, piano e danza en Erlangen. Foi a única alumna entre 984 estudantes. Logo de pasar os exames en Nuremberg en 1903. Marchou a Góttingen e volveu a Erlangen onde cambiaran os estatutos da Universidade e puido proseguir os seus estudos de doctorado.

En 1915 foi convidada por David Hilbert e Félix Klein a traballar con eles na universidade de Göttingen, que naquela época era o principal centro matemático de Alemaña e probablemente de Europa. Hilbert e Noether atoparon un sistema para que ela puidese impartir como docente: as clases anunciábanse baixo o nome de Hilbert. Así puido probar a súa competencia e ser mellor coñecida.

En 1922 foi nomeada profesor extraordinario e non oficial. Non tiña dereito a soldo, pero puido obter pequenas retribucións polo seu grado de experta en álxebra. Durante o curso 1928-29 pasou un semestre como profesora visitante na Universidade de Moscova e foi convitada a numerosos congresos.

A finais do ano 1933 marchou aos Estados Unidos como profesora invitada a unha universidade feminina. En febreiro de 1934 comezou a traballar en Princeton, no Instituto de Estudos Avanzados, onde tamén se atopaba Albert Einstein. No verán volveu por última vez a Alemaña para ver ao seu irmán Fritz, visitar vellos amigos e pechar a súa casa. A noticia da súa repentina morte, o 14 de abril de 1935, como consecuencia dunha operación, en principio non demasiado seria, sorprendeu a todos. Tiña 53 anos e estaba no cénit da súa forza creadora.

 

Miguel de Guzmán (1936-2004)

Naceu en 1936 en Cartaxena, era catedrático de Análise da Universidade Complutense de Madrid, membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais desde 1982, membro correspondiente da Academia Nacional de Ciencias da República Arxentina desde 1985. Na década dos 90 foi presidente da Comisión Internacional de Instrución Matemática.

Obtivo a licenciatura en Filosofía no Berchmanskolleg de Munich e despois licenciouse en Matemáticas e en Filosofía na Universidade Complutense en 1965. Doctorouse na universidade de Chicago en 1968. Regresó á universidade Complutense en 1968 onde impartiu clases ata a súa morte.

Nos últimos anos Miguel convertiuse no referente obrigado dos medios de comunicación ante calquer tema ou noticia que tivera que ver coas matemáticas ou coa súa ensinanza no noso país. Era, de feito, o abanderado da popularización das matemáticas en España. Boa mostra son os seus numerosos libros de carácter divulgativo, sempre amenos, atractivos e interesantes; buscando xerar no lector a curiosidade e a inquietude intelixente ante as matemáticas. Esa foi unha das características dos seus libros: mostrar os aspectos máis atractivos da actividade matemática, descubrir o rostro humano da raíña das ciencias. Os seus títulos son clásicos no noso país e en todo o mundo.