ffffff ffffff DAEABD 000000 Revisamos a narración barra.jpg seguinte3.jpg 0 0 0 0 2 revision2.jpg Revisar un texto non significa só corrixir algún erro de lingua que se nos coou, senón que vén a ser un proceso que acompaña a escrita e que esixe ver o escrito desde unha perspectiva diferente, a de quen le, para procurar melloralo, facelo máis interesante, máis claro, etc. Deste xeito, haberá seguramente que reescribir, eliminar, desprazar ou engadir fragmentos enteiros. É algo que fan todos os escritores e escritoras. Sigue, pois, os diferentes pasos desta guía de revisión, fixándote nos exemplos achegados, e traballa a fondo o teu texto.]]> 000000 1 2 revision.jpg 1. Le toda a narración que escribiches. Enténdese? Consideras que os lectores e lectoras poden comprender os feitos? Se non for así, completa o que falta (a non ser que pretendas só suxerir) e elimina repeticións, desvíos do asunto ou comentarios innecesarios. Fíxate neste exemplo.]]> 000000 1 2 revision.jpg 2. A orde dos feitos narrados é a adecuada? Seguiches a que planificaras? Se modificaches a orde planificada, foi para mellorala: para crear expectación sobre o que vai pasar, para aclarar, etc.? Se é preciso, reordena fragmentos ou oracións mal colocadas. Aproveita esta actividade.]]> 000000 1 2 revision.jpg 3. Fica sufientemente claro na narración cando suceden os feitos? Se non é así e non pretendes a indeterminación temporal, introduce adverbios de tempo e conectores temporais (bota man deste listado con exemplo) no sitio axeitado. Observa o valor destas cuestións nun texto.]]> 000000 1 2 revision.jpg 4. A persoa verbal que utilizaches é a que mellor se axusta ao modo en que queres contar o sucedido? Lembra: o eu protagonista móstrao como experiencias vividas, a terceira persoa observadora como feitos captados por alguén e a terceira persoa omnisciente como acontecementos debullados ao coñecer todo sobre os personaxes e mesmo poder opinar sobre o que estes fan e pensan. Se non se axusta, reescribe. Cambiaches ese punto de vista -da persoa que narra- co que comezaches a historia? Se si, hai unha razón que o xustifique e resulta suficientemente comprensíbel para quen o lea? Se non, cumpriría varialo nalgún momento? Revisa estes aspectos.]]> 000000 1 2 revision.jpg 5. Comproba o uso que fixeches dos tempos verbais. Empregáchelos con coherencia? Observa de que xeito e con que valor aparecen os catro tempos máis frecuentes da narración neste fragmento (clica enriba de cada un).]]> 000000 1 2 revision.jpg 6. Os personaxes recoñécense tal como ti pretendes? Actúan de maneira coherente coa súa caracterización? Describiches o seu aspecto e a súa maneira de ser de xeito que resulten atractivos ou é suficiente coas accións que protagonizan? Os protagonistas van evoluíndo e manteñen entre eles unha relación críbel? Analiza antes este fragmento.]]> 000000 1 2 revision.jpg 7. Consideras que empregaches ben os diálogos (de seren necesarios), tanto en estilo directo como en indirecto, para caracterizar os personaxes e facer máis vívida a narración? Se foi preciso botar man do monólogo ou fluxo de consciencia para amosar directamente os pensamentos e emocións do personaxe, resulta críbel? Aquí tes diferentes posibilidades.]]> 000000 1 2 revision.jpg 8. É suficiente a descrición dos lugares e obxectos para situar a quen lea o texto? Se os espazos físicos e sociais (paisaxes, ambientes...) son importantes para entender como se comportan os personaxes, están ben construídos? Incluíches o espazo psicolóxico (lembranzas, desexos... dos personaxes)? Estes dous textos axudaranche a valorar a revisión destas cuestións.]]> 000000 1 2 revision.jpg 9. Pódese enriquecer a expresión con palabras máis precisas e incorporando adxectivos, comparacións, metáforas...? Tíralle partido a este modelo.]]> 000000 1 2 revision.jpg 10. Usaches a variedade e o rexistro lingüísticos axeitados en cada caso? Podes revisar eses conceptos nesta páxina ou ben na Galipedia. Toma logo máis consciencia do seu valor contrastando a voz do narrador e a dos personaxes neste fragmento.]]> 000000 1 2 revision.jpg 11. Existe ligazón suficiente e variada entre as oracións e parágrafos? As oracións ou frases fican ben construídas e claras? Le antes estes consellos para mellorar a corrección sintáctica e compleméntaos co punto 2b desta presentación da cohesión.]]> 000000 1 2 revision.jpg 12. Hai palabras repetidas de maneira innecesaria? Se si, substitúeas por sinónimos, expresións equivalentes ou pronomes (ou elimínaas, se é mellor). Aprende antes como enfrontar a pobreza léxica aquí e realiza logo esta pequena práctica.]]> 000000 1 2 revision.jpg 13. A puntuación é a axeitada, responde á fluidez e entoación que necesita o texto? Fíxate como pode cambiar. Le a túa creación en voz alta ou dálle voz con esta ferramenta e corrixe o que cumpra.]]> 000000 1 2 revision.jpg 14. Hai erros de ortografía ou doutro tipo (acentuación, castelanismos...)? Emprega o corrector en liña. ]]> 000000 1 2 revision2.jpg XA PODES PUBLICAR O TEU TEXTO NARRATIVO ! __________________________________________________ Ligazóns externas empregadas:
1. HORTOGRAFÍA. O cultivo das palabras: un negocio con futuro. Páxina web de Rosa Salgueiro. 2. Galipedia 3. Cotovía 4. Corrector ortográfico en liña OrtoGal 5. Dicionario da Editorial Ir Indo ]]>
000000 1