Tamén che facemos suxestións musicais

O vixía no centeo

 

 

Editorial: Xerais

J. D. Salinger

Este é un libro agradable, breve, de fácil lectura, que nos engancha.

Fálanos, a través da figura dun rapaz adolescente, sobre a amizade, as relacións dentro da familia, a vocación, a adaptación a novos entornos, os perigos e a maldade que están á nosa espreita...

E iso sempre nos interesa a tod@s!

 

Imaxe tirada de:

http://www.antonioduenas.es/

Recoméndolles este libro especialmente aos adolescentes, sobre todo aos do 1º ciclo da E.S.O. O protagonista é un rapaz da súa idade, e o que sente e lle pasa pódelles interesar a eles, e a todos.

Suxerido por: Cristina Blanco Cardoso (Dpto. de Orientación)


Ewilan

Pierre Bottero

 

 

Editorial: Círculo de Lectores
Recomendo este libro porque creo que é moi interesante. Trata dunha nena que pode pasar ao outro mundo. Ela e mais o seu amigo viven aventuras moi interesantes e perigosas!

 

Imaxe tirada de:

http://www.tsr.ch/tsr/index.html

Recoméndollo a todas aquela persoas ás que lles gusten as aventuras, e que teñan imaxinación.

Suxerido por: Iria Delgado Chóliz (1º ESO A)


Os vellos non deben de namorarse

Editorial: Galaxia

Autor: Alfonso Daniel Rodríquez Castelao

 

Imaxe tirada da páxina da Fundación Castelao

Poucas veces me gustaron os libros teatrais, pero este pareceume moi bo. Está claro que, ao ser escrito por Castelao, posúe moita calidade.

Á parte das farsas en si, gustoume moito a maneira de representar a morte. Fíxome sentir menos medo cara a ela.

Ao ler o libro, pensaba que non hai que esperar a ser vella para namorarse porque logo pode ser demasiado tarde. Penso que hai que aproveitar o amor en canto chegue.

Este libro faiche disfrutar dun bon momento e pensar nos teus anos de vida, se os estás aproveitando... E tamén se as riquezas dan a felicidade.

Aconsello este libro porque se le con facilidade, e para min é un bo libro. O argumento de que os vellos non deben de namorarse encantoume. Xoga moito cos sentimentos das persoas e o que as fai decidir sobre o seu futuro, os seus actos...

Cousas malas do libro... non encontro ningunha.

 

Suxerido por: Sara Outeiral Cameán (4º ESO A)


El capitán calzoncillo y la invasión de los pérfidos tiparracos del espacio

Editorial: SM

Autor: Dav Pilkey

 

imaxe tirada de

http://www.pilkey.com

Recomendo este libro porque é unha historia moi imaxinativa, con moita intriga, pero á vez moi divertida.

A min gustoume este libro máis que nada porque me parece que para inventar unha historia así hai que ter moita imaxinación.

Recomendaríalles este libro ás persoas dunha idade comprendida entre os 10 e os 13 anos.

 

Suxerido por: Lois Barral Gude (1º ESO A)


Canle segredo

Editorial: Galaxia

Autor: Xosé María Álvarez Blázquez

 

imaxe tirada de

http://www.udc.es/dep/lx/cac.

(...)

O sentimento encáuzase na forma poética, e así as augas salvaxes achan quenlle acougado. Mais ese quenlle, que ordena en acompasada música o balbordo da vida, está sombreado polos salgueiros do misterio. O misterio que nos cingue, que cingue ao home que canta e á muller a quen o canto dirixe. Que cingue o amor que vai e que ven antre os dous. Mais tamén que nos cingue a todos, a todos os que vivimos. A vida é misteriosa.

A poesía que sexa canle da vida, canle do amor, terá e ser un canle segredo. Hai unha profunda nota de saudosismo, de romantismo, na poesía de Canle segredo. Avincállase así coa poesía dos máis relevantes poetas vixentes na nosa poesía de inmediata preguerra.

(...)

 

Comentado por: Ricardo Carvalho Calero

[En Libros e autores galegos. Século XX] 


No te lo tomes al pie de la letra

Editorial: SM

Autor: Miguel Ángel Mendo

 

É a historia dun rapaz finlandés que se muda a España. A súa nai non ten nin idea de español, e o seu irmán de tres anos, loxicamente, tampouco. A súa nai é investigadora, de maneira que só tiña que escribir fórmulas que todos entendían, e o seu irmán fai o mesmo cos outros nenos.

Pero Öke xa ten 10 anos e xa vai á escola, e non entende nin papa. Pero logo fai amigos e sucédenlle cousas que non a todos nos pasa.

Recoméndollo a calquera persoa maior de 9 anos, ás persoas ás que lles gusten ler e as aventuras, e aos que son ou foron novos nun lugar e non enteden ou entenderon nada.

 

Suxerido por: Paloma Fontán Martíñez (1º ESO A)


Made in Galiza

Editorial: Galaxia

Autor: Séchu Sende

 

Ese é un libro escrito por Séchu Sende e publicado no ano 2007. A obra presenta un conxunto de relatos curtos, pero intensos, co obxectivo común de amosarnos a situación da lingua galega, para que, desde a liberdade, reflexionemos e tomemos consciencia da necesidade de falar, mimar e coidar a nosa lingua, lembrándonos de que o noso idioma é o noso patrimonio e a nosa identidade.

Séchu Sende aborda este tema dunha forma amena e divertida, con historias orixinais, imaxinativas, cercanas e emocionantes, onde o autor emprega o humor, a ironía e a creatividade para amosarnos a realidade da nosa lingua.

Desde logo é un libro para recomendar e coido que se fai "imprescindible" a partir dos 12 anos porque nos ofrece unha lectura agradable, amena, que conmove e nos fai reflexionar.

Son contos curtos, directos, sinxelos, emotivos, orixinais, pero sobre todo son contos "necesarios". Son contos Séchu Sende, que nos lembraron que: "quen sabe falar nunca é pobre".

 

Suxerido por: Alba Fernández Souto (3º ESO B)


Túneles

Editorial: Urano

Autores: R. Gordon / B. Williams

 

Vai dun rapaz chamado Will, que vive en Londres coa súa familia. Un día descobre que no soto da súa casa hai un pasadizo secreto. Adéntrase co seu amigo Chester e para a súa sorpresa entéranse de que alí hai unha cidade.

Alí dinlle que a súa verdadeira familia vive alí, e tamén lles din que a súa nai fuxiu dese lugar cando el e a súa irmá naceron. Todo isto sucede baixo terra. E aí comeza o misterio e a aventura.

O libro lino na edición en castelán, de Ediciones Urano.

Recoméndollelo a todas as persoas a quen lles gusten os libros de misterio

 

Suxerido por: María Teresa Castro (1º ESO A)


Candy Circle / Peligrosas amistades

Editorial: Montena

Autor: Pierdomenico Baccalario

 

Este é un libro interesante e divertido. Os axentes do Candy Circle teñen unha misión: deben atrapar a un "bítero", isto é, un adulto pouco intelixente e insensible incapaz de resolver o máis mínimo problema.

O libro fálanos do tráfico ilegal de animais exóticos...

Recoméndolles este libro ás persoas de entre 10 e 12 anos, porque aos rapaces e rapazas máis novos lles ha de custar un pouco lelo, e á xente maior igual os aburre.
 

Suxerido por: Eva Boo Hermida (1º ESO A)


Harry Potter e a Pedra Filosofal

Editorial: Galaxia

Autor: J.K. Rowling

 

Recomendo este libro porque me pareceu entretido e moi interesante. Gústame mmoito o tema do que trata xa que creo que é innovador, diferente aos demais e moi orixinal.

O libro trata dun neno que descobre que os seus pais (que xa morreran) eran magos. Tras descubrilo, vai a unha escola de maxia onde fai novas amizades e onde vai descubrir grandes segredos e sufrir algunhas aventuras.

Entre os retos que terá que superar, está o de se enfrentar a Voldemor, o asasino dos seus pais.

Recoméndolle este libro a xente de todas as idades, pero sobre todo para a xente á que lle gusta ler aventuras, xa que é un libro que engancha.
 

Suxerido por: Álvaro Fernández Fernández (1º ESO C)


A sombra cazadora

Editorial: Xerais

Autor: Suso de Toro

 

Este libro trata de dous irmáns que viven con seu pai totalmente separados do mundo. Fóra, hai unha ameaza que só seu pai coñece.

O seu pai, antes de morrer, dilles que imaxinen que a súa sombra se separa deles e cobra vida, e máis que pensen que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta.

E tamén os advirte de que vai chegar un momento en que van ter dificultades...

Recoméndollo á xente a quen lle guste bastante ler, que teña entre 12 e 15 anos e á que lle gusten os libros de misterio.

E dígoo porque é un libro bastante longo.

 

Suxerido por: Anxo Pérez Rivas (1º ESO C)


La catedral del mar

Editorial: Grijalbo

Autor: Ildefonso Falcones de Sierra

 

É un libro entretido que nos fala, e nos aprende, como era a vida na Idade Media. Cóntanos a construción dunha catedral a través dos ollos do protagonista, desde que era cativo até que finaliza a obra.

Recoméndollelo especialmente aos alumnos de Bacharelato, porque poden aprender como era a Idade Media en España. Non é un libro tan extenso como “Los pilares de la tierra”, e os alumnos poden tirar unha idea de como se vivía naquela época, coas riquezas, miserias, e o tipo de leis que había daquela.

 

Suxerido por: Juan Brión Montemuíño (Persoal non docente)


El cometa Halley

Editorial: Plaza & Janés

Autor: Isaac Asimov

 

Este libro é moi interesante porque nos explica como foron evolucionando as crenzas sobre as cometas e as súas aparicións.

No libro podes encontrar información sobre a cometa Halley, sobre científicos que investigaron este fenómeno, ou a cerca do medo que antes lles tiña a xente ás cometas.

Tamén se poden ver debuxos de astrónomos e fotografías da devandita cometa.

Recoméndolle este libro á xente a quen lle gusten as cometas, ou a historia do Universo, ou as ciencias naturais.

Penso que a idade mínima para lelo deben ser uns 12 anos, ou persoas que comprendan moi ben o que se explica.

 

Suxerido por: Paloma Fontán Martínez (1º E.S.O. A)


Matilda

Editorial: Obradoiro

Autor: Roald Dahl

 

Recomendo este libro porque é un libro moi divertido, pero que ao mesmo tempo é tamén moi triste.

É moi interesante e, como pares de ler, quedas coa intriga.

Eu aprendín con este libro que aínda que teñas pouca idade, se te esmeras, sempre acabas conseguindo o que queres. E aprendín tamén que non hai que ser mala persoa.

Recoméndolle este libro a todo o mundo, pero creo que o deberían ler especialmente os rapaces de 10 a 11 anos, os que sexan divertidos.

 

Suxerido por: Carlos Castro Pérez (1º E.S.O. C)


El valor de educar

Editorial: Ariel

Autor: Fernando Savater

 

Este libro é deses para cavilar. Reflicte dunha maneira apaixonada as eivas da sociedade, e en especial do sistema educativo, no referido a que entendemos por educación.

Valora moi positivamente o labor dos mestres e profesores, e critica o mal considerados que estamos en tódolos aspectos.

Éche un libro para todos os que pensamos que a educación vai moito máis lonxe da formación, e axúdache a sobrevivir.

Invito a todas aquelas persoal relacionadas coa educación (pais, nais, mestres, profesores, políticos...) a que lle boten unha ollada. E sobre todo a aqueles profesionais que pensan que só son formadores.

 

Suxerido por: Silvia Rodríguez Dorribo (Dpto. de Orientación)


The boy in the striped pyjamas

Editorial: David Fickling Books

Autor: John Boyne

 

É un libro moi bo, ves o Holocausto desde o punto de vista dun neno alemán.

É un conto sobre e amizade e os desastres da guerra, do que te lembras e no que segues a pensar días despois de acabala.

Recoméndollelo aos mozos, porque poden lela moi facilmente xa que está escrito de maneira simple, explica as cousas ben.

De todas formas, creo que aos adultos tamén lles ha de gustar.

 

Suxerido por: Josceline Kay Presdee (3º ESO C)


Morgún

Editorial: Xerais de Galicia

Autor: Suso de Toro

 

Aconsello este libro porque é interesante, entretido. A historia atráete e incítate a seguir lendo. Hai acción, maxia, lendas. Ten moitos personaxes (druídas, bruxas...), e tamén armas máxicas e maldicións. En resumo, é un libro entretido e bo para ler.

Eu ao principio líao por obrigación, pero despois líao máis ben por gusto. E non vos asustedes co título, pois máis alá del, escóndese unha historia entretida, e o máis importante, ¡ambientada na Serra do Barbanza!

Creo que este libro lles ha de gustar especialmente ás persoas a quen lles guste a maxia, as lendas e as batallas a espada.

Non importa a idade da persoa, só que lle guste ler.

 

Suxerido por: Abel González Fernández (4º E.S.O. A)


Rebeldes

Editorial: Anagrama

Autor: S.E.Hinton

 

Escollín este libro porque trata do que poden chegar a facer os amigos de verdade que nunca abandonan a un. Este libro mostra unha valentía por parte dos rapaces que é realmente alucinante, arriscan as súas vidas por outros, peléxanse con outras bandas por defendérense entre eles mesmos.

Outro detalle é que trasmiten a dor dos personaxes ao lector (baixo o meu punto de vista),  e esa dor fainos actuar facendo que non perdan o orgullo ante nada, non se rebaixen ante ninguén, aínda que perdan a vida.

 

Recoméndolle este libro, sobre todo, aos alumnos que cursan 3º e 4º da E.S.O., pero a todos en xeral lles pode gustar. Fala nun idioma coloquial e xuvenil, e realmente penso que lle gustaría a calquera.

 

Suxerido por: Alexandra Gzlez. Echevarrieta (4º E.S.O. A)


Un ollo de vidro

Editorial: Galaxia

Autor: Castelao

 

Nesta obra relátanse as memorias dun “esquelete” que narra o que lle acontece a el e a outros esqueletes o cemiterio onde están enterrados. O esqueleto protagonista ten un ollo de vidro que en vida non lle serviu para nada, pero agora de morto sérvelle para ver todo o que ocorre ao seu redor e dános a coñecer a súa forma de pensar.

Recomendo este libro porque é un regalo interesante e de fácil lectura, pois aínda que non utiliza un galego normativo enténdese ben.

O argumento, as personaxes e ambiente onde transcorren os feitos son moi orixinais. Aínda que o autor utiliza un ambiente de ultratumba (esqueletos, cemiterios, etc.), emprega o humor, a sátira e a ironía para levar a cabo unha denuncia social de temas tan importantes como a emigración, o abuso de poder, o caciquismo, etc. Nel faise unha defensa da lingua galega, así como se lle dá importancia ás crenzas tradicionais e populares galegas.

 

Este libro pódeselle recomendar a calquera persoa a partir dos doce ou trece anos aproximadamente. É un libro de Castelao, polo tanto imprescindíbel a súa lectura pois axúdanos a coñecer a situación da nosa lingua e a dos galegos da época. Coa lectura deste libro aprendemos algo máis da nosa cultura.

 

Suxerido por:  Alba Fernández Souto (3º E.S.O. B)


"Donde surgen las sombras"

Editorial: SM

Autor: David Lozano Garbala

 

“Donde surgen las sombras” é un libro xuvenil que narra a historia duns mozos que por casualidade se ven inmersos nun complicado xogo de rol. Este feito coincide co asasinato de tres persoas de forma misteriosa. Logran convencer un inspector de policía e así inician unha arriscada procura por zonas subterráneas da cidade.

É unha novela que te engancha desde o principio, chea de misterio e terror onde un xogo en rede se convirte en pesadelo e a amizade será a táboa para a salvación.

 

Recomendaría este libro para o segundo ciclo de ESO, até para os que non son lectores habituais, porque te engancha desde o primeiro capítulo. Ten unha linguaxe moi próxima e, a pesar de que son case 300 páxinas, lese moi rápido.

 

 

Suxerido por:  Asunción Pérez Pérez (Dpto. de Orientación)


Otoño alemán

Editorial: Octaedro

Autor: Stig Dagerman

 

"Otoño alemán" é a crónica dunha viaxe polas ruínas de Alemaña, realizada en 1946 polo escritor sueco Stig Dagerman (1923-1954), en calidade de corresponsal dunha publicación do seu país. O xove xornalista, que nestas breves páxinas se revela como un narrador excepcional, relata a existencia cotiá dos supervivintes alemáns, que agora malviven en sotos rodeados de miseria e humillación.

Eu destacaría a xigantesca sensibilidade do autor para entender o sufrimento dos "outros", así como a pouco acostumada valentía que amosa para presentar unha visión humanitaria dos vencidos, sen que iso empane o seu incuestionable rexeitamento do nazismo.Tal aversión ao fascismo -Dagerman era anarquista- non lle impide, sen embargo, denunciar as arbitrariedades cometidas polos vencedores do conflito, nin facer compartir ao lector o frío, a humidade, a fame e a melancolía que acompañan sempre a todas as guerras, "gañe" quen "gañe.

A lembranza de todas as vítimas desta incompable traxedia está recomendada para calquera que estea interesado en coñecer quen fosmos e quen somos hoxe os europeos, pero resultará especialmente reveladora e emotiva para todos aqueles que viven e traballan co firme convencemento de que outro mundo é posible.

 

Suxerido por:  Alberto Domínguez Méndez (Dpto. de Filosofía)


86 cuentos

Editorial: Anagrama

Autor: Quim Monzó

 

Unha das mellores cousas deste libro é que son 86 contos, ou sexa, que hai conto para rato. A lectura é áxil e asequible.

En xeral, os contos destacan polo humor e a imaxinación, mesturándose sen problemas situacións posibles e imposibles: unha carta que nunca será lida, os esforzos dun home para facer falar a unha pedra, a creación do universo a última hora e con moito présa, unha competición de exhibicionismo entre un home e unha muller dende as fiestras... Historias onde nunca falta o absurdo.

 

Sendo a súa lectura áxil e asequible, é recomendable especialmente para introducirse e engancharse á lectura. Quizais non é recomendable para menores de trece anos.

 

Suxerido por:  Juan Carlos Cerqueiro Otero (Persoal non docente)


As recomendacións literarias do curso 2006-2007, están aquí