Como no
Instituto somos xente lida, tamén recomendamos libros! |
 |
|
|
|
Discográfica:
Motor Music |
|
Rebelde
|
|

|
Recomendo este disco porque ten unha
música moi divertida e uns pasos que te enganchan. É unha música
con moito ritmo e unhas cancións moi coñecidas para todos aqueles
que viron a serie. Ó principio pasaron desapercibidos, pero logo
chegou o gran éxito.
Gañaron un disco
de diamantes en México. Teñen 5 discos e foi a serie de máis
éxito ata agora. Cando se inventou a serie os protagonistas tiñan
15 ou 16 anos e agora teñen entre 22 e 25 anos.
|
 |
| Recoméndollelo
aos adolescentes e aos rapaces, porque as súas cancións están
baseadas en situacións que viviron eles mesmos, e tamén lle poden
pasar a calquera, é dicir, os temas musicais recrean situación que
poden darse na vida real. |
|
Suxerido
por: María Sánchez Ríos (4º PDC) | |
|
Discográfica:
Motor Music |
|
Emigrate
|
|

|
Primeiro
disco en solitario de Richard Kruspe, fundador e guitarrista da
banda alemá Rammstein.
Contén
13 temas que desenvolven un
rock industrial propio da citada banda e doutros grupos alemáns, no que os seus vocalistas se caracterizan
principalmente por alcanzar tons moi graves cheos de frialdade. Sen
embargo, en Emigrate este
rock industrial deriva nun estilo máis
melódico sen esquecer a intensidade das guitarras.
Un
dos temas, My
World, forma parte da banda sonora de Resident Evil 3:
Extinction.
|
 |
| Trátase
dun disco recomendable para os seguidores de Rammstein e para todos
os amantes do rock intenso e cheo de matices. |
|
Suxerido
por: Xosé Antonio Santín Piélago (Equipo da Biblioteca) | |
|
Discográfica:
Maldito |
|
Forraje
|
|

|
Eu
quero recomendar este traballo porque se trata dun grupo da Pobra,
composto por 4 mozos, 3 guitarristas e un deles que canta e toca a
batería
O
CD está composto por 11 cancións. Reparade na que leva por título
"Vivo", xa que é unha das máis coñecidas.
|
 |
| Este
non é un grupo, nin un disco, que sexa para un certo tipo de
público. Este CD é rock, pero nin é moi duro nin é moi suave.
Para todos e todas! |
|
Suxerido
por: Luís Fernández Lojo (4º E.S.O. PDC) | |
|
Discográfica: Fantasy
|
|
Creedence Clearwater Revival |
 |
Trátase dun
grupo de rock clásico de finais dos 60. Estáintegrado por catro
membros: John Fogerty (guitarra e voz,compositor principal e líder
de CCR), Tom Fogerty (guitarrarítmica), Stu Cook (baixo) e Doug
Cliford (batería). Os CCR seguen gustando a pesar de que non están
apenas naslistas dos discos máis escoitados.
É un grupo
musical representativo da música rock country californiana.
Realmente toda a súa discografía é
recomendábel porque a súa música segue sendo actual.
|
 |
|
Creo que é un
grupo musical que non ten data de caducidade, por iso llo
recomendaría a persoas de calquera idade, ás que simplemente lles
gusta a boa música rock. Espero que a xente que non os coñeza non
dubide en escoitalos xa!
|
|
Suxerido
por: Carme
Argibay Lorenzo (Dpto. Xeografía e Historia) | |
|
Discográfica:
Zouma Records |
|
Quempallou |
 |
Grupo folk da
Península do Morrazo que hai catro ou cinco anos atrás, deixou ao
longo do territorio grandes noites de concertos e festa. Neste
traballo, mestura de arranxos de temas tradicionais con temas de
produción propia, temos o claro exemplo do facer dun grupo destas
características: folk tradicional.
Moi fieis
á raíz, xogan coa textura dos distintos instrumentos, sempre
tradicionais, sen caer no tópico de incluír timbres nada nosos
obtendo así como resulta un son bastante puro. Dálle moita alegría e
faino máis atractivo para aqueles que non teña claro isto “do
tradicional”, a voz do sempre simpático Guillerme.
|
 |
|
Toda a música é apta para todos os
públicos: maiores, pequenos, popeiros, rapeiros... o caso é ter ganas
de escoitar cousas novas e a ser posible de calidade. Todos aqueles
que renuncian do tradicional ou que non o escoitan polo tópico da “gaiteirada”,
que fagan unha viaxe por Quempallou e logo de ter escoitado o disco,
anímoos a que fagan un exercicio de análise do escoitado. Un aturuxo!!! |
|
Suxerido
por: Aleixo Jablonski (Dpto. de Música) | |
|
|
|
Discográfica:
Columbia |
|
Judas
Priest
|
|

|
Este
é un grupo dos 70 de Heavy Metal, o primeiro grupo deste estilo.
Tamén foron eles os que "impuxeron" a indumentaria do
Heavy Metal, o coiro e todo iso. O
álbum que recomendo é un recopilatorio das mellores cancións,
pero en realidade habería que recomendar a discografía completa do
grupo porque todas as súas cancións son moi boas.
O grupo está formado por Glenn
Tipton (guitarra), K.K. Downing (guitarra), Ian Hill
(baixo), Scott Travis (Batería) e Rob Halford (cantante).
|
 |
| Recoméndollelo
a todos os rapaces que pensan que escoitan verdadeiro Metal. Non
digo tampouco que haxa outros grupos de Metal bos, hai moitos, pero
os mellores saíron nos anos 70 e 80 e a maioría dos rapaces que
queren seguir a moda non escoitarán verdadeira música, senón a
música "de moda". |
|
Suxerido
por: Adán Cores Fandiño (4º E.S.O. PDC) | |
|
Discográfica:
Falacatruada |
|
Dios ke te crew |
 |
Recomendo
este traballo porque é interesante, porque fala do que a toda a
mocidade lle gusta (e que non vou comentar o que é) e porque ten
unha canción moi boa que fala sobre o medio ambiente. A canción
chámase "profecía", e fala de que cando chegue o día,
non poderás facer nada pola deterioración do medio ambiente.
|
 |
| Non
llo recomendo a ninguén en especial, porque eu creo que toda a
xente debería escoitalo, non importa a idade que teña, nin que lle
guste a música pop, ou rock... Eu recoméndollo a todo o mundo!
Pero que a xente que se preocupa pola política, o medio ambiente,
etc... que o escoite! |
|
Suxerido
por: Raquel Rodríguez Boo (4º E.S.O. PDC) | |
|
As recomendacións
musicais do curso 2006-2007, podes velas
|
aquí
|
|
| |