I.E.S. Ramón Cabanillas
Cambados (Pontevedra-Spain)

 
Prácticas previas
 

Uns días despois de traza-lo pentagrama, algúns alumnos preguntaronme si era posible trazar sobre o terreo unha elipse. A miña resposta foi que sí e propuselles trazar unha. Os datos da elipse que trazamos son os seguintes (usando a súa definición como lugar xeométrico): a distancia entre focos foi de 6 m e a suma de distancias dun punto da elipse a cada un dos focos era de 8 m .


Para debuxar nosa figura, necesitamos determinar un ángulo de 45 ° . O faremos trazando a bisectriz dun ángulo de 90 °.
Hai varios sistemas para trazar un ángulo de 90 ° . Nos farémolo debuxando sobre o terreo un triángulo rectángulo: usaremos o triángulo de lados 3, 4, 5. É unha terna que verifica o Teorema de Pitágoras e, por tanto, un dos ángulos do triángulo é de 90 ° . Ademais, usamos o triángulo para determinar un sistema de referencia cartesiano para nosa elipse. O utilizaremos para realizar un cálculo.

J.B.Búa

     
 

Webmaster:
Carolina Barreiro Cancela

O logo é de Rubén Alemán Alfonso