|
|
 |
 |
 |
 |
|
Actividades complementarias 2004/2005
|
Complementarias
|
|
|
|
|
|
As actividades complementarias son aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da proramación, teñen carácter diferenciado polo momento, espacio ou recursos que se utilizan. Por exemplo: visitas, traballos de campo,viaxes de estudos, conmemoracións e outras semellantes.
|
|
|
A ECLIPSE ANULAR DE SOL
|
Alumnos e Profesores do Centro puideron observar o luns día 3 de Octobro durante o recreo, de 10,40 a 11,00 horas, a eclipse anular de Sol. Provistos moitos deles das correspondentes gafas especiais, que compartiron cos seus compañeiros, gozaron do fenómeno, viron como ás 10,51 horas a Lúa eclipsou totalmente o Sol e percibiron o anel, resultado do escurecemento do 91 % do círculo solar.
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía informó ao alumnado das características da eclipse.
A eclipse.doc [72 KB]
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
Imaxes da eclipse dende observatorio
|
|
A eclipse dende o Centro
|
|
VISITA Á DOMUS E Ó ACUARIO
|
O luns 10 de Outubro os alumnos de 1º Bacharelato A y B realizaron unha visita escolar á DOMUS e ó ACUARIO de A Coruña acompañados polas profesoras Ana Pérez Losada e Esther Muruais.
As 11,30 asistimos, na Domus, a unha sesión de magnavisión, na que se proxectou un documental sobre as reaccións que ocorren no corpo humano en situacións de risco, como funcionan os neurotransmisores e outras sustancias en actividades como o paracadismo e a caída libre, e as relacións entre estas actividades e os estudos e anotacións deixados por Leonardo da Vinci.
A continuación visitamos as salas de exposicións da Domus, nas que, aparte da exposición permanente, destacaba a dos Primates e a súa evolución.
Trala comida, as 15,30 horas, partimos cara o Acuario. Un monitor explicounos as diferentes actividades que alí se realizan e moitas cousas interesantes sobre as focas e as disintas especies de peixes que alí existen.
Casa das Ciencias (Museos Científicos: Planetarium, Domus, Aquarium)
|
|
|
DOMUS
|
Domus, a Casa do Home é un museo interactivo que trata de forma global e monográfica o ser humano. Está pensado para dvertir nenos e maiores estimulndo a súa curiosidade e sixerindo respostas á necesdade que temos de coñecernos mellor como individuos e seres sociais.
|
|
|
|
|
|
AQUARIUM FINISTERRAE
|
O Aquarium Finisterrae descóbrenos os misteriorsos recantos da costa galega. Quenllas touro, serviolas, normes chermas, peixes lús, polbos ou focas son algunhas das especies mariñas que puidemos contemplar. No seu interior hai peixeiras, acuarios, piscinas, módulos interactivos e ata un submarino; todo isto repartido entre o Maremagno, a Terraza, o Nautilus, o Paraíso Mariño, o Piscinarium, o Octopus Garden e o Xardín Botánico.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EXPOSICIÓN "PARA O DEUS BEROBREO"
|
O día 20 de Outubro, os alumnos de 1º ESO-A, acompañados polo profesor de Ciencias Sociais, JOSÉ ELADIO SECO, realizaron unha visita didáctica ó Pazo Museo “Quiñones de León” de Vigo, á Exposición: “PARA O DEUS BEROBREO. Aras do santuario de Donón, Cangas de Morrazo” Atopadas no monte Facho a partir de 1962. Pertenecen a finais da Idade do ferro e a cultura castrexa.
Guía didáctica [148 KB]
Donón [113 KB]
|
|
|
|
|
|
|
|
Serafín Costas
|
Álvarez y Díaz
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
|
|
Álvarez y Díaz
|
Enrique Massó
|
|
|
|
Exposición das aras
|
Traslado das aras
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
MAREA DA XUVENTUDE
|
Os alumnos de 2º de ESO-A que o pasado curso participaron na semana de vela, que formaba parte do premio obtido pola alumna MARINA BERMEJO ÁLVAREZ, de 1º ESO-A, que quedou clasificada no 3º posto no Concurso de Pintura Individual organizado pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, NAVEGA GALICIA 2005 e A Vela na Escola, participaron o día 9 de novembro en na “Marea da Xuventude”, organizada pola Fundación Deporte Galego con motivo da Volvo Ocean RACE.
Os invitados concentráronse no Concello e ás 15,30 horas comenzou a baixada da Marea da Xuventude cara a Dársena da Laxe onde se celebrou un acto de benvida das autoridades.
Os nenos e xoves puideron visitar as toldos da Fundación Deporte Galego e outras institucións, os barcos dispoñibles amarrados nos peiraos, que tomaron parte na saída da volta ao mundo a vela 2005-2006, e gozaren da presenza de diferentes embarcacións rechamantes amarradas na zoa, así como participaren nas atraccións lúdicas.
|
|
|
|
|
|
|
|
Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar
|
ANO INTERNACIONAL DA FÍSICA
|
Co motivo do Ano Internacional da Física e do centenario da Teoría da relatividade de Einstein celébrase no Centro a Semana da Ciencia, do 10 ao 28 de novembro, baixo o lema “A pegada de Einstein”
A semana comenza cunha animada conversa didáctica a cargo do profesor D. Eduardo Pardo Pérez do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo aos alumnos de 2º de Bacharelato –A e de 1º de Bacharelato –B. O día 19 inaugúrase a exposición “Ano Internacional da Física”- “A pegada de Einstein”, na que por unha banda se da a coñecer a obra de todolos Premios Nobel de Física e pola outra a obra de Einstein. Esta exposición conta coa valiosísima colaboración do profesor do IES Alexandre Bóveda D. José María Cordobés. Durante toda a semana, do 21 ó 26, Eisntein será o protagonista, dun xeito especial, da Física e Química no 2º Ciclo da ESO e no 1º de Bacharelato e o xoves 24 celébrase “O día de Einstein” nos 2º de Bacharelato de Ciencias. Neste día, Einstein é o protagonista nas materias de Lingua, Historia, Inglés, Biloxía, Métodos Estatísticos, Física e Química.
Os obxectivos desta “Semana da Ciencia” son dar a coñecer a vida e a obra deste gran científico chamado Einstein e despertar o interese do alumnado pola ciencia.
O día de Einstein.pdf [90 KB]
|
|
|
|
|
|
|
|
CONFERENCIA-COLOQUIO DE FÍSICA
Co gallo da celebración do Ano Mundial da Física (2005), e dentro da Semana da Ciencia, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECET) promove unha serie de actividades que divulguen os traballos que Albert Einstein deu a coñecer en 1905, e que supuxeron un cambio “impresionante” no desenvolvemento dos estudos científicos.
Con este obxectivo, o alumnado de 2º. A e 1º. B de bacharelato participou na conferencia-coloquio, “Un paseo por la Relatividad Especial”, que ofreceu o profesor D. Eduardo Pardo Pérez (Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo).
O ponente iniciou a súa intervención afirmando que 1905 foi un “ano marabilloso” para Einstein, xa que o seu traballo na Oficina de Patentes de Berna deixoulle tempo abondo para profundar, e froito deste período foi a súa tese de doutoramento e a publicación de catro traballos transcendentais para o desenvolvemento científico posterior.
O primeiro deles foi un estudo sobre o Movemento Browniano, idea central na teoría cinético-molecular da materia e que durante oitenta anos se mantivera inexplicable. O segundo traballo supuxo a interpretación do Efecto Fotoeléctrico, recuperando as ideas corpusculares sobre a naturaleza da luz. Einstein recibiu o premio Nóbel de Física en 1921, fundamentalmente por estas investigacións. A este seguiulle un traballo sobre a Relatividade Especial. Ao estudarmos o movemento dun corpo fixamos un sistema de referencia: o corpo móvese se a súa posición varía respecto dun punto fixo. Pero tal punto non existe, polo que dependendo da referencia elixida así resultan as ecuacións que o describen. Cando o sistema se despraza cun movemento uniforme (sistema inercial), as ecuacións obtidas son aplicables aos demais sistemas destas características, conclusións ás que chegaran xa Galileo e Newton. Para estes sistemas, lonxitudes e tempos teñen valores absolutos e iguais para todos eles, e a velocidade á que se desprazan os corpos sempre é inferior a 0,1 c (c= velocidade da luz no vacío). Se os corpos se desprazan a velocidades superiores e próximas a “c”, xa non é aplicable a mecánica newtoniana; lonxitudes, tempos e masas deixan de ser invariantes e imponse a mecánica relativista. A última publicación do citado ano versa sobre a Relación masa-enerxía (E=m·c2), experimentalmente contrastada cando se lanzou a primeira bomba atómica na Segunda Guerra Mundial, e sen embargo, unha utilización pacífica da enerxía nuclear abre a esperanza de podermos solucionar o problema enerxético da civilización en anos futuros.
A continuación o conferenciante expuxo unha visión dos temas, moitos deles considerados por Einstein, que ocupan aos físicos na actualidade e determinantes no avance doutras ciencias.
Durante case dúas horas, D. Eduardo Pardo, empregando unha linguaxe sinxela, mantivo a atención do alumnado, logrando que participaran en pequenas experiencias e na solución das preguntas que xurdían na proxección de videos curtos. En definitiva, unha sesión na que se puido comprobar que existe futuro para os que sintan a súa vocación na Física.
|
|
|
C0NCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2005
|
O Departamento de Debuxo, coa colaboración económica da Asociación de Nais e Pais "Agarimo" do Centro, convoca o tradicional Concurso de Postais de Nadal 2005. Nel poderán participar todolos alumnos que o desexen.
Establécense dous premios en metálico por cada unha das tres categorías: 1º Ciclo, 2º Ciclo e Bacharelato.
Unha das postais presentadas será elixida Premio Especial para imprimir como felicitación oficial do Instituto.
Bases do concurso [134 KB]
|
|
|
|
|
|
RESULTADO DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
|
PRIMER PREMIO-EX AEQUO
Carmen Alonso Sánchez (1º ESO-D) Antía Monteagudo Alonso (1º ESO-C)
SEGUNDO PREMIO-EX AEQUO
María Iglesias Taboada (1º ESO-A) Adrián Martínez Iglesias (3º ESO-B)
ACCÉSIT
José Pablo Fernández Coronel (3º ESO-A) Ania Gonzálea Martínez (1º ESO-A)
PREMIO ESPECIAL
Lara Romero Rey (1º Bacharelato-C)
|
POSTAIS ELIXIDAS PARA FELICITACIÓN DE NADAL
|
|
|
1º Premio Antía Monteagudo Alonso (1º ESO-C)
|
Premio Especial Lara Romero Rey (1º Bacharelato-C)
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
|
Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia o martes 21 de Febreiro para o alumnado de 2º de Bacharelato C y D –modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades – e acompañados porlos profesores D. Carlos Sastre Vázquez e D. José Eladio Seco Fernández.
A visita, que comezou as 10 da mañá, incluía algúns dos obxectivos incluidos no currículo dos alumnos, nas áreas de xeografía urbana, da historia da arte, e do patrimonio da cidade.
Visita as cubertas da Catedral
Divididos en dous grupos, e acompañados por un guía do Museo da Catedral, accedimos polo pazo arzebispal de Xelmirez (exemplo de arquitectura civil gótica) para ascender pola torre da carraca ós tellados da catedral; a 30 metros de altura, por unhas escaleiras de acceso de 84 peldaños. As cubertas da basílica medieval son de granito escalonadas. Observamos o templo románico de Peregrinación revestido a través dos séculos, de elementos góticos, renancentistas e barrocos.
Interior da Catedral
Os alumnos de Historia da Arte realizaron unha ficha didáctica sobre os elementos arquitectónicos e escultóricos, previamente elaborada polo seu profesor de Arte.
Visita e percorrido polo casco vello da cidade
Os alumnos de Ciencias Sociais, visualizaron acompañados dos seus profesores e un guía do concello os elementos urbanísticos previamente estudiados na clase. O percorrido iniciado na Porta Faxeira, continuó pola Przaza do Toural, Rúa do Vilar, Rúa Nova, Praza de Mazarelos, Praza da Universidade, Rúa do Castro, Cinco Rúas, Padre Feixóo, Rúa da Conga, Praza de Praterías, A Quintana, Azebecharía e Praza do Obradoiro. Iban acompañados de planos e información monumental complementaria e xeográfica que deberán reflexar nun informe individual para entregar ao profesor, que incluía distintos aspectos do visto no día.
Visita a Colexiata de Santa María do Sar
Os alumnos de Arte realizaron unha visita co seu profesor a colexiata románica e ao seu claustro para contrastar o estudiado na clase e elaborar un pequeño informe persoal.
Visita a Igrexa e Mosteiro de San Domingos de Bonaval
Os alumnos de Ciencias Sociais visitaron acompañados dos seus profesores o Museo do Pobo Galego instalado no antigo convento de San Domingos e inaugurado en outubro de 1977. Adscrito no campo da antropoloxía cultural e incardinado a outras disciplinas como historia, arte, medio natural, ciencia ...
Visitamos algunhas das salas permanentes de oficios, música, indumentaria, hábitat, e artes plásticas; e exposicións temporais como a de “O país dos mil castros”: medio centenar de fotografías realizadas polo alemán Peter Schneider (Frankfurt, 1963), trasladado a vivir en Malpica no ano 1998.
Despois do museo, a cuias salas accedimos pola escaleira helicoidal de Domingo de Andrade, visitamos a igrexa de San Domingos dos siglos XIII-XIV, un dos poucos exemplos góticos da cidade, de planta de cruz latina, con tres naves, criceiro e ábside poligonal. Nela visitamos o Panteón de Galegos Ilustres na capela lateral esquerda onde descansan os restos de Rosalía de castro (1837-1885), o político Alfredo Brañas (1859-1900), o escultor Francisco Asorey (1889-1961), el poeta Ramón Cabanillas (1876-1959), o xeógrafo Domingo Fontán (1788-1866) e o pai do nacionalismo galego Alfonso R. Castelao (1886-1950).
As 18,30 horas saímos en autobús cara a Vigo onde chegamos as 20,00 horas o Instituto.
|
|
|
|
ENTROIDO 2006
|
|
IX CONCURSO MELLORES ESTUDANTES PREUNIVERSITARIOS
|
A Universidade Antonio Nebrija, celebra todos os anos este concurso destinado a elixir entre os integrantes da comunidade educativa española aos mellores estudantes preuniversitarios do noso país (alumnos de 2º de Bachalerato)
Obxectivos do concurso
- Difundir un evento lúdico, académico e competitivo que contribúa a identificar e premiar aos estudantes con maior potencial de España. - Contribuír a fomentar un foro de mutua relación entre a Universidade, os centros educativos, os futuros estudantes universitarios e as empresas patrocinadoras. - Difundir a necesidade de identificar a idea "bo estudante" con capacidades e actitudes que trascenden aos meros resultados académicos (actividades deportivas, sociais e culturais, capacidade de liderado, traballo en equipo, habilidade en toma de decisións...) - Motivar aos estudantes preuniversitarios para que se enfronten con entusiasmo á súa próxima etapa educativa.
Na presente edición participaron 72 equipos de toda España (formado cada un deles por 5 alumnos) entre eles o IES Rosais 2 e realizouse durante a fin de semana do 1 e 2 de abril no Campus da Berzosa da Universidade Antonio Nebrija.
O equipo do IES Rosais 2 estivo formado por: Andrea Sousa Catalán de 2ª BACH-C Aroa Lago Fernández de 2º BACH-C Pablo Sánchez Ramos de 2º BACH-D Irene de la Fuente Páramo de 2º BACH-D e Gabriela González Giráldez de 2º BACH-D
Tras superar unha preselección, os equipos participantes concursan en dúas fases competitivas: A "Xornada Académica" e "Natureza e Aventura", tralas cales se determínan as clasificacións para cada unha das competicións así como os resultados finais do concurso.
Probas
O sábado 1 de abril celebrouse a proba de "Natureza e Aventura" na que os participantes integrados nos equipos deben superar unha serie de probas de habilidade, orientación, enigmas ... Probas nas que xunto coa preparación física é moi relevante a capacidade de análise, o traballo en equipo, o sacrificio pola consecución dos obxectivos, o afán de superación. Nesta proba o IES Rosais 2 obtivo 346 puntos, quedando clasificado no posto 59.
O domingo día 2 celebrouse a "Xornada Académica" na que se evalúan os coñecementos e habilidades intelectuais adquiridos polos alumnos. Durante a proba os alumnos contestan a varias baterías de preguntas con tempos limitados: - 400 preguntas de cultura xeral. - 100 preguntas de coñecementos relacionados coa área de humanidades: a literatura, historia da arte ... - 100 preguntas relacionadas coa área científica: matemáticas, física, química... - 100 preguntas relacionadas coas ciencias de comunicación: actualidade xornalística, cine, publicidade... - 100 preguntas de ciencias econónicas e xurídicas - 100 preguntas relacionadas coas linguas modernas e turismo - 100 preguntas relacionadas co sector informático e industrial.
Nesta proba o IES Rosais 2 obtivo 594 puntos e quedou clasificado no posto 16.
Globalmente a clasificación do IES Rosais 2 foi a de posto 47 con 940 puntos.
http://www.mejoresestudiantes.com
|
|
|
|
|
|
|
|
Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar
|
|