Escolares
Complementarias
Intercambios
Viaxe de estudos
Antigos alumnos
Varias

Escolares e Extraescolares | Actividades Escolares 2004/2005  

Actividades Escolares 2005-2006

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O mércores 28 de xuño celebrouse no Centro a despedida dos alumnos da XVIIIª Promoción de Bacharelato.
O acto contou coa presenza de profesores, persoal non docente, alumnos, familiares e amigos dos mesmos.

O acto comezou coa imposición da beca de honra ao antigo alumno D. Victor Rodríguez Pérez, avogado; aos alumnos de 2º de Bacharelato do Consello Escolar; a Dª Pilar Álvarez Sousa, persoal non docente, e ao Profesor D. José Luís López Cuétara na súa xubilación e entregouse placa conmemorativa aos dous mellores expedientes da Promoción.

A lección magistral estivo a cargo do Profesor D. José Luís López Cuétara, Padrino da Promoción, e logo da entrega de diplomas tomaron a palabra o alumno D. Manuel Millara Castro, D. Uxío Labarta, pai de alumna, D. Santiago Montenegro Soto, Presidente da AMPA e o Xefe de Estudos, D. José Luís López Cuétara. As emotivas palabras do Director, D. Luís López Grillé, deron fin ás intervencións.

Concluíu o acto coa magnífica actuación da Coral Polifónica do Liceo Casino de Villagarcía dirixida Dª Margarita Guerra Peinado.



Faga clic aquí para obter acceso á Galería.