Os pais forman parte da Comunidade Educativa e a través dos seus representantes no Consello Escolar e das ANPAs participan coas súas funcións propias na reflexión, elaboración e realización dos obxectivos pedagóxicos do Centro.
A súa misión é acadar unha ampla participación na vida do Centro, colaborar na comunicación familia-Centro e cooperar nas actividades escolares e extraescolares.
ANPA AGARIMO
A ANPA AGARIMO funciona dende o 13 de marzo de 1989, motivada pola preocupación sentida por un grupo de pais, co único obxectivo de contruiir a unha mellor formación de nosos fillos.
Coa pertenza dos pais a mesma poderemos colaborar co Centro en: * Aportacións de material ós diferentes departamentos. * Subvención para os diplomas de Bacharelato. * Actividades deportivas. * Concurso de disfraces e tarxetas de nadal. * Subvención para a viaxe de estudos. * Visitas e actividades escolares. * Canalización os conductos oportunos das suxestions dos pais.
A cuota anual familiar é de 12 € que se invisten case totalmente na colaboración económica das actividades do centro.
A ANPA valora e agradece todas as suxerencias e demandas que os socios consideren de interese ou necesidade para os educandos.