O Plan de Acción Titorial é o instrumento que teñen os docentes para desenvolver de xeito concreto a función de titoría e orientación persoal, académica e profesional cos alumnos. O Plan de Acción Titorial é o marco no que se especifican os criterios e procedementos para a organización e funcionamento das titorías. Nel inclúense os obxectivos e liñas de actuación que ó longo do curso os titores irán desenvolvendo cos alumnos do centro.