Pregunta nº11:O REGALO.-----SOLUCIóN.
Un profesor quere regalar un libro a un dos tres alumnos que lle fixeron moi ben un traballo. Como non sabe a quen regalarllo, o que fai e introducir nunha bolsa opaca tres bolas, unha branca e dúas negras.
Véndalle os ollos aos tres alumnos, escolle a un deles e dille que saque unha bola e que a garde. Despois escolle a outro e dille que saque outra bola. Por último, ao que falta dille que colla a bola que queda na bolsa. Gañará o libro o que teña a bola branca.
Se ti foses un dos tres alumnos e puideses elixir, ¿En que posto preferirías sacar a bola, 1º, 2º ou 3º? ¿Por qué?
Pregunta nº12:AS ENTRADAS.-----SOLUCIóN.
Para acudir a un espectáculo hai tres tipos de entradas: unha barata, unha normal e unha cara. A barata custa o 75 % da normal, e a normal custa o 80% da cara.
¿Qué % custa máis a cara que a barata?
Pregunta nº13:A SELECCIÓN.-----SOLUCIóN.
A un grupo de 2º de ESO fixoselle unha proba consistente en resolver 3 problemas, un de xeometría, outro de álxebra e outro de aritmética, co fin de seleccionar a dous alumnos para acudir a fase de zona da olimpíada matemática.
Oito alumnos non fixeron ben ningún dos tres problemas, dez alumnos non fixeron ben nin o de xeometría nin o de álxebra, once alumnos non fixeron ben nin o de xeometría nin o de aritmética, nove alumnos non fixeron ben nin o de álxebra nin o de aritmética, catorce alumnos non fixeron ben o de xeometría, 14 alumnos non fixeron ben o de álxebra, e catorce alumnos non fixeron ben o de aritmética.
Só dous alumnos fixeron ben os tres problemas, e foron seleccionados.
¿Cantos alumnos había no grupo?
Pregunta nº14:FÓRMULA 1.-----SOLUCIóN.
No pasado campionato mundial de fórmula 1, Fernando Alonso gañou o 40% das carreiras, Kimi Raikonen gañou unha de cada 4 carreiras, e Michael Shumacher gañou a metade das carreiras que Fernando Alonso.
Cada unha das carreiras restantes gañouna un piloto diferente dos anteriores. Se non houbo máis de 8 pilotos distintos que gañaron algunha carreira
¿De cantas carreiras constaba o campionato? ¿Cantos pilotos gañaron algunha carreira?
Pregunta nº15:UNHA IDEA XENIAL.-----SOLUCIóN.
Na figura aparece unha reproducción dun plano de carreiras de coches.
Calcula a lonxitude do circuito e a superficie ocupada polo céspede.
##################################################