Empregando en cada caso cinco cincos e combinando as operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división) ¿Poderías escribir os dez primeiros números?
Nun xornal de hai uns anos apareceu o seguinte artigo: "no último encontro entre os Grizzlies de Memphis e os Wizards de Washington, Michael Jordan obtivo unha porcentaxe de acertos do 72 % fronte a un 75 % de Pau Gasol e un 60% de Richard Hamilton"
a) ¿Cal é o número mínimo de tiros que debeu realizar cada xogador para acadar ese grao de efectividade?
b) Se na crónica do partido nos din que Pau Gasol anotou 21 canastras, ¿cantos tiros realizou?
c) Sabendo os graos de efectividade dados, ¿poderías calcular quen anotou máis puntos?