
| Notas: |
| Mielina.- Substancia illante de carácter lipídico que rodea aos axóns. Mielite.- Inflamación da medula espiñal, que pode afectar á substancia gris, á branca ou a ámbalas duas. Mieloma.- Tumor composto por células do tipo normalmente atopado na medula ósea. Mielopatía.- Termo xeral para as enfermidades da medula espiñal. Poliomielite.- Inflamación e dexeneración da substancia gris da medula espiñal que causa parálise e atrofia dos grupos musculares correspondentes á lesión medular. |