CEIP SOBRADA
Educación vial















 

Medio ambiente Obxectivos Actuacións
Educación para o lecer Obxectivos Actuacións
A paz e a tolerancia Xoga, non pelexes Obxectivos Actuacións
Coñecémonos mellor, respectámonos máis Obxectivos Actuacións
Educación vial Obxectivos Actuacións
Consumo e saúde Obxectivos Actuacións
Educación para a igualdade entre os sexos Obxectivos Actuacións
 

No curso 98-99 levamos a cabo por primeira vez a experiencia de tomar como eixo globalizador das actividades e bloques temáticos un dos temas transversais. Deste xeito tivemos a oportunidade de incluir os proxectos desenvolvidos nos ciclos nun proxecto común integrando actividades variadas e aunando esforzos. O feito de adicarlle especial atención e traballar só un tema transversal en cada curso non é impedimento para tratar todos os demais, que constitúen o soporte conceptual no que se asenta o ensino dos valores, xa que entre todos eles existe un estreita relación. Así podemos comprobar que o tema transversal seleccionado para ese curso, a "EDUCACIÓN VIAL" se relaciona con todos os demais:

  • Coa EDUCACIÓN PARA O CONSUMO a través da construcción de figuras empregando materiais de desfeito, da estructuración do tempo de ocio, da autorrealización e satisfacción ó comprobar as propias capacidades e tamén a través da crítica publicitaria.
  • En relación á "EDUCACIÓN PARA A PAZ" traballamos o respecto ás normas de convivencia a través da aprendizaxe das normas de circulación, a posta en escena de recursos de axuda, resolución de conflictos e reflexión sobre a agresividade que pode xenerar a situación de conducir.
  • O noso traballo tamén estivo relacionado coa "EDUCACIÓN AMBIENTAL" toda vez que intentamos estudiar o espacio tanto rural como urbán dende unha perspectiva humanizadora; concienciar ós nenos e ás nenas sobre a contaminación química e acústica e implicalos no respecto polo medio ambiente a través do uso dos transportes colectivos.
  • Mediante o estudio das normas de seguridade na circulación e nas viaxes, encamiñado á prevención de accidentes, traballamos tamén a "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE". Coinciden tamén cos contidos deste tema o estudio do movemento, a percepción das distancias e o control postural así como a concienciación sobre o control dos ruídos pola súa contribución á saúde mental.
  • Atendemos á "EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS" ó presentar á muller en situacións iguais ás do home nas actividades relacionadas coa educación vial (e no resto das situacións cotiás) a vez que intentamos evitar a existencia de prexuizos e estereotipos, posto que as normas son iguais para todos sen diferencia de xénero.