Castro Caldelas

Arriba
Castro Caldelas
Cañón do Sil
San Estevo
San Pedro de Rocas

A fortificación ocupa un alto de preciosas vistas cara o cañón do Sil e a chaira de Monforte. Para acceder a el debemos subir polo barrio de Cima de Vila formado por rúas estreitas e casas asentadas na roca. Está formado por  grosos muros que  protexen o patio de armas e diversas estancias habilitadas hoxe en día para usos expositivos. Nas esquinas conserva tres torres: as principais son a Torre do Reloxo e a Torre da Homenaxe.

Este castelo foi cedido por Alfonso XI no século XIV ós Condes de Lemos para despois pasar a casa de Alba, que o cedeu finalmente para fins non lucrativos. 

A fortaleza foi testemuña nas revoltas dos Irmandiños contra os abusos dos señores feudais na Idade Media; tamén foi protagonista durante a Guerra da Independencia cando as tropas francesas leváronse por diante tódolos documentos históricos que nel se gardaban.

 Co paso do tempo, ó igual ca maior parte dos castelos, a súa faceta defensiva perdeu importancia o que motivou que pouco a pouco entrase en estado ruinoso. Hoxe atópase restaurado e habilitado para fins culturais.

O castelo foi o lugar que eleximos para repoñer forzas a mediodía.
   

Álbum de fotos