|
|
|||||||||
|
|
|||||||||
|
San Pedro de Rocas |
|||||||||
|
|
Nesta viaxe tíñamos programado visitar tamén os restos deste mosteiro pero como o programa de visitas era tan amplo non nos deu tempo. As fotos que aparecen nesta reportaxe están sacadas da páxina web do concello de Esgos. |
||||||||
|
Capela na roca |
O mosteiro de San Pedro de Rocas atópase na Ribeira Sacra dentro do Concello de Esgos. A el podemos acceder desde Esgos a través do Camiño Real. A súa orixe data do século VI cando monxes discípulos de Bieito de Nursia se estableceron neste fermoso lugar. |
||||||||
|
Anteriormente ó mosteiro construíronse tres capelas escavadas na roca, presentando pinturas rupestres nas súas paredes, como o único mapa mundi que se coñece en Galicia pintado en pedra e que data so século XI. |
|||||||||
|
No século XV convértese en mosteiro e no S-XVII sofre un incendio que o destrúe e desaparece. A partir das súas ruínas constrúese a Casa Prioral que aínda podemos observar hoxe en bo estado. Entre a igrexa e a Casa Prioral podemos atopar varias sepulturas antropomorfas, escavadas na pedra. Como característica a resaltar cabe mencionar que o campanario da igrexa esta apoiado sobre uns penedos que fan de contramuro. |
Campanario |
||||||||
|
|
|||||||||