|
No
chamado Canón do Sil, atópase unha das máis fermosas paisaxes de Galiza e
deica hai unhas décadas, das máis descoñecidas.
A paisaxe que contemplabamos era espectacular: o río
encauzado entre altas montañas, os socalcos das ladeiras cheas de vides e
adegas, os soutos colocados nos socalcos da marxe ourensá, a frondosa
vexetación de influencia mediterránea, a aguias que sobrevoaban o río, ...
|
|

Carlos García Bayón, o prestixioso mestre e
coñecido xornalista, quen deixou dito “(…) si tuviera que inventar un
paraíso lo situaría en las orillas del río Sil, esplendoroso y místico, en
aquel profundo desfiladero, donde se lee media geografía de Galicia (…)”.
A verdade é que este lugar é ideal para desconectar do
noso quefacer diario, e esquecernos por un tempo da axitada sociedade en que
vivimos. Non é de estrañar que os monxes escolleran este lugar para o
recollemento e a oración. |