Durante o curso escolar realizamos diversas actividades para conmemorar de xeito educativo e lúdico aquelas celebracións que son claves na nosa tradición cultural. Estas actividades son propostas e coordinadas polos distintos equipos de traballo do centro e nelas participamos o profesorado e o alumnado de forma activa.
MAGOSTO
• O mes de novembro é tempo de castañas e xogos no noso colexio e todo o alumnado participa desta festa a través de diversos xogos que teñen a castaña como protagonista.
• En Primaria fórmanse diversos equipos nos que se mesturan nenos e nenas de tódalas idades e teñen como misión acadar o maior número de puntos colaborando entre todos eles.
• O noso alumnado de Infantil tamén ten os seus propios xogos onde participan dunha forma activa e lúdica.
• O remate sempre é o mesmo: todos/as pasamos un bo rato colaborando xuntos nos xogos e finalmente degustamos as castañas asadas, como manda a tradición.
• Cada Nadal o noso colexio transfórmase coa decoración que elaboramos en tódalas aulas para adornar con motivos navideños os distintos espacios nos que traballamos.
• Tamén facemos un festival onde cantamos panxoliñas e disfrutamos con algunha pequena dramatización.
• Nunca nos esquecemos de colocar o noso buzón para o carteiro real no que os nosos nenos e nenas depositan as súas cartas para dar ideas sobre os posibles agasallos que poidan ter se se portaron ben.
• Tódolos anos elaboramos tarxetas de nadal coas que facemos unha exposición.
DÍA DA PAZ
• No noso colexio sempre procuramos que este non sexa só un día, senón un traballo de concienciación que debemos levar a cabo durante todo o curso para unha mellor convivencia e unha educación para a paz.
• Tamén buscamos algunha actividade central na que colaboremos todos á vez e que nos lembre a importancia dunha convivencia pacífica. Tódolos anos facemos algún acto simbólico como: cancións, bailes...
• Cada curso elaboramos novos disfraces cos que enchemos de cor a pista do colexio.
• O venres de entroido desfilamos por ciclos e facemos distintas coreografías ó ritmo da música para que o noso público disfrute connosco dun día tan festivo.
• Este ano abriu o noso desfile o Gran Dragón de Canicouva.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
• Durante esa semana poñemos en escena as obras de teatro nas que traballamos durante o curso e realizamos dúas funcións: pola mañá, para o alumnado; e, pola tarde, para o público en xeral.