Horario
Comedor
Act. extraescolares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
   
 
   

 

  NORMAS XERAIS DO COMEDOR.
     
    • ESTAS NORMAS FORON APROBADAS EN CONSELLO ESCOLAR O 27 DE XUÑO DE 2003.

    • Poderán beneficiarse do servicio de comedor tódolos alumnos e alumnas do centro que cumpran os seguintes requisitos:
    1.- Pagar a cuota establecida a tal fin:
   

a) No caso de asistencia ó comedor en días fixos:

   

» Pagaranse os recibos entre os días 1 e 7 de cada mes, entregando o xustificante do pago, antes do 10 de cada mes ó responsable do comedor.
No caso da non asistencia ó comedor, e previo aviso antes das 9:15 h. dese día, abonarase, ó final do mes, a cuota do día non asistido.
A A.N.P.A. non vai reclamar os recibos. O impago da cuota no prazo estipulado será motivo de expulsión.

» As becas deben ser firmadas polo titular da beca na secretaría do centro, polas mañás. Se non se asina no prazo estipulado, perderá a praza.

   

b) No caso de asistencia ó comedor en días esporádicos:

   

» Comunicarase ó responsable do comedor o día anterior, ou como moi tarde o mesmo día antes das 9:15 h.

» O pago da cuota do comedor farase no mesmo día.

   

c) Deberán atender as normas de hixiene e comportamento que lles indiquen as coidadoras ou se estipulen a tal fin.

   

d) O comedor ten unha capacidade máxima de prazas. Unha vez cubertas as mesmas, non se admitirán máis nenos. Terase en conta:

   

1º.- Os becados.
2º.- Maior número de días fixos no comedor.
3º.- A orde de reserva.

  O PAGO DAS CUOTAS NON EXIME DE RESPONSABILIDADE ÓS PAIS/NAIS/TITORES DO COMPORTAMENTO DOS SEUS FILLOS/AS NO COMEDOR.

    2.- Obriga dos pais e nais de comunicar á A.N.P.A. cambios de domicilio, teléfono ou datos de interese.

    3.- Obriga dos pais e nais de comunicar por escrito, e aportando un informe médico e un protocolo de primeiros auxilios, algunha enfermidade ou dieta que requira un trato especial por parte do servicio do comedor. En calquera caso, nin a A.N.P.A. nin as coidadoras terán responsabilidade sobre dito protocolo. Os cambios nas dietas faranse DOUS DÍAS DESPOIS DE DITO COMUNICADO POR ESCRITO.

    4.- Os pais e nais deberán comunicar por escrito calquera queixa ou suxestión. No comedor haberá follas á súa disposición a tal fin, que as coidadoras entregarán á A.N.P.A. unha vez recepcionadas.

    5.- Horario do comedor: de 14 h. a 16 h., distribuído da seguinte forma aproximada:
   

» De 14:00 a 14:20, recreo.
» De 14:20 a 15:30, comida.
» De 15:30 a 16:00, recreo.

    6.- Puntualidade á entrada e recollida dos nenos/as no comedor e avisando da recollida do neno/a.
A A.N.P.A. e as coidadoras non se farán cargo dos nenos/as que non sexan recollidos no horario establecido, salvo causa xustificada, de gravidade e posta en coñecemento das mesmas.

    7.- Obriga dos pais e nais de indicar quen serán as persoas autorizadas para recoller os seus fillos no comedor. Caso contrario levarase ó neno/a a persoa que o veña recoller, previa presentación do D.N.I.

    8.- A A.N.P.A. e as coidadoras non se fan responsables dos xoguetes particulares de cada neno/a.

    9.- Os pais e nais serán informados por escrito do comportamento indebido no comedor e a sanción imposta. Deberán devolver asinadas as notas que as coidadoras envíen.

    10.- As sancións estarán sempre en coñecemento da A.N.P.A. En casos graves serán establecidas pola A.N.P.A., a Dirección do centro e o Consello Escolar, podendo contemplar a expulsión definitiva do comedor.

    11.- As coidadoras poderán asignar ós nenos/as tarefas para apoialas no comedor.

    12.- Por motivos de gastos como fotocopias, recibos, etc... Cobrarase por curso e neno/a, tamén ós becados, a cantidade de 3 euros.

 
ESTAS NORMAS REVISARANSE NO ÚLTIMO CONSELLO ESCOLAR DE CADA CURSO.
     
 
 

© CEIP CANICOUVA - R/ Canicouva nº 22, 36213 Vigo

Tf: 986 29 31 94 / Fax: 986 29 31 94