Horario
Comedor
Act. extraescolares

 

 

 

 

 

 

 
   
 
   



 
NORMAS bÁSICAS DE HIXIENE E COMPORTAMENTO NO COMEDOR.
   
  • ESTAS NORMAS FORON APROBADAS EN CONSELLO ESCOLAR O 27 DE XUÑO DE 2003.

    1.- Tódolos nenos/as que asistan ó comedor deberán traer:
   
  » Neceser, co seu nome posto, no que caiban:  
 
  › cepillo de dentes
  › tubo de pasta de dentes
  » Mandilón (só os nenos/as de Educación Infantil)

 
    2.- Atender as indicacións das coidadoras e respectar as coidadoras e compañeiros/as.

    3.- Deberanse deixar os libros, mochilas, roupa..., no sitio que se estipule a tal fin.

    4.- Lavar as mans antes de entrar no comedor para comer.

    5.- Deberase entrar e saír ordeadamente do comedor.

    6.- Non se poderá berrar, alborotar ou tirar comida/utensilios no comedor.

    7.- Lavar os dentes despois das comidas e gardar as cousas de aseo no seu sitio.

    8.- Non se poderá acceder á parte de atrás do comedor, nin circular libremente polo interior do edificio escolar.

    9.- Non se poderá saír do recinto escolar sen previo aviso ás coidadoras e a autorización delas.

    10.- As coidadoras poderanlle asignar ós nenos tarefas para apoialas no comedor.

    11.- O incumprimento das normas poderá ser sancionado polas monitoras e posto en coñecemento dos pais/nais/titores. En caso de ser incumprimentos continuados ou graves, porase en coñecemento da A.N.P.A., da Dirección do centro e do Consello Escolar, e valorarase a expulsión do comedor.
     
 
 

© CEIP CANICOUVA - R/ Canicouva nº 22, 36213 Vigo

Tf: 986 29 31 94 / Fax: 986 29 31 94