A Biblioteca en Acción
VAILLE CO CONTO AO PROFE
Durante
o recreo hai na Biblioteca un
profe, que espera a todos aqueles que se presenten cun libro e con
disposición de ler e ser escoitados
OS MARTES CONTO
Os martes póla tarde, despois do toque do timbre ás 5, hai na Biblioteca un profe, pai/nai, que conta un conto a todos aqueles que alí acudan
A HORA DOS DEBERES
Tódolos días de dúas e media a tres e media, tralo xantar no comedor, abrimos a Biblioteca para tódolos/as alumnos/as que desexen facer nesa hora os labores que lles poñen os mestres e as mestras para as clases.
A BUSCA DO TESOURO
Profes que dende diferentes dependencias do colexio, relatan e escenifican un conto a súa maneira. Nel darán unhas pistas que lle servirán aos alumnos/as a atopar o tesouro agochado.
O BARQUIÑO DE PAPEL: BOLETÍN DA BIBLIOTECA

O Barquiño de papel é a revista que trimestralmente edita a Biblioteca do noso centro.Grazas ás novas tecnoloxías, dende esta páxina podes acceder á edición dixital da revista.
A OLIMPÍADA DO SABER
Un grupo de mestres do cole descubriron este curso unha terrorífica realidade...na biblioteca hai respostas agachadas...Así que decidiron encargar aos nenos/as deste colexio a dificil tarefa de cazar a todas esas respostas que se esconden nos andeis da biblioteca.
O CONTO VIAXEIRO
Os nenos/as de infantil e de primaria levan un libro á súa casa. Alí con axuda dos seus familiares escriben e ilustran unha folla do libro, continuando a historia. Ao remate, e despois de pasar por tódalas casas dos nenos e nenas o libro regresa á clase, cargado de historias interesantísimas.
XOGOS DE MESA
Para aqueles que non acuden á Biblioteca a ler, hai unha serie de xogos de mesa cos que os nenos/as poderán pasar un bó rato xogando ao Parchís, Oca, Xadrez, Damas e Pai filla nai.