proxectos da biblioteca
Manuel maría, poeta da terra cha
Como todos os anos queremos homenaxear ao autor ao que se lle adica a festa das letras, neste caso, neste ano 2016, tal honor cae na figura dun poeta moi querido por nós, Manuel María Fernández Teixeiro.Deixámovos un enlace a unha secuencia de actividades sobre a súa figura que esperamos vos sexa de interese.
Tamén podes facer este LIM sobre a figura de Manuel María para comprobar canto sabes sobre el.
Proxecto Documental "Convivimos"
Neste apartado podedes ver o Prezi que fixemos co gallo do Proxecto Documental "Convivimos" que realizamos no colexio neste curso 2014-2015.
Máis adiante faremos o noso propio documento de convivencia, a nosa "Constitución Escolar", e teremos que votala para que todos a aceptemos e cumpramos.
Materiais de formación de usuarios: lectores electrónicos
Como este ano puxemos en marcha, por fin!, un club de lectura con e-readers, e a nosa intención é extender esta iniciativa a todos os clubs que poñamos en marcha para o vindeiro curso.Para facilitar as operacións básicas e que todos saibamos como manexar estes dispositivos, poñemos a disposición de todos os lectores estas dúas achegas de formación.
![]() |
![]() |
Actividades das letras galegas: Xosé María Díaz Castro
Presentamos a nosa contribución ao coñecemento do autor homenaxeado neste ano 2014 coa celebración das Letras Galegas, o poeta dos Vilares en Guitiriz, Xosé María Díaz Castro.Esperamos que vos sexa de utilidade e que, tras realizar esta actividade Lim saibamos máis deste autor galego.
Proxecto documental: Edificios do barco
Xa temos a web do proxecto documental do curso 2013-14, na que investigamos sobre a historia dos edificios máis senlleiros do Barco de Valdeorras.A nosa idea é que a Web sexa accesible dende dispositivos móbiles, para o que imos colocar códigos QR nos edificios que permitan á xente do lugar, e aos forasteiros que nos visiten, coñecer un pouco máis sobre as edificacións do noso pobo.
Mentres non colocamos os códigos podedes acceder á Web dende aquí.
Día da PAz, día de mandela
Hai pouco máis dun mes que morreu Nelson Mandela, un loitador a prol da igualdade, contra do racismo e da marxinación. Parece lóxico que este ano lle adiquemos a celebración do Día da Paz a este singular líder que soubo dirixir unha revolución dende unha pequena cela no cárcere de Robben Island.Dende a biblioteca queremos facer a nosa contribución ao coñecemento da súa figura e para iso elaboramos unha Caza do Tesouro que nos vai permitir coñecer a súa biografía e os principios polos que loitou.
Roberto Vidal Bolaño e o teatro do noso país
No ano 2013 a Real Academia Galega acordou adicar as celebracións do Día das Letras a un home entregado ao proxecto de construír o teatro profesional de Galicia: Roberto Vidal Bolaño.
Autor, director, actor, iluminador, realizador... todas as facetas do teatro foron atinxidas pola actividade desbordante de Roberto Vidal Bolaño.
Nós, dende este curruncho de Galicia, queremos dar unha sentida homenaxe a este home singular, e como non podía ser doutro xeito, esta homenaxe é a de coñercer a súa obra, a súa vida, a súa aportación á pervivencia dun xeito de vivir no mundo, ser galeg@s.
Elaboramos esta procura do tesouro, cunhas pequenas actividades en LIM para avaliar canto aprendimos, que vos animamos a realizar.
Paisaxes de valdeorras na biblioteca
Este ano andamos na biblioteca a enredar nun Proxecto Documental sobre a paisaxe. A idea do tema vén do comité Ambiental do Centro e responde ao tema que se propuxo na reunión da Axenda 21 Escolar de Galicia do pasado ano. Para axudar á elaboración do traballo, tentando corrixir algúns dos erros que detectamos no proxecto anterior elaboramos unha páxina na que recollemos o esquema da nosa investigación, as normas para a súa elaboración e un par de páxinas de recursos (bibliográficos e web) que poderemos consultar. Non se trata de coutar iniciativas, senón de dar un punto de partida igual para tod@s.
Preme na imaxe de Trevinca, e terás acceso a este novo recurso.
Valentin Paz Andrade: Poeta e ensaísta
No ano 2012 a Real Academia Galega decidiu que se honraxe a memoria de Valentín Paz Andrade, poeta e ensaísta, a máis de home de empresa.
Paz Andrade, significado loitador pola autonomía, tanto na república como na restauración democrática, é un claro exemplo de home comprometido co país e coa lingua, defensor , na súa condición de avogado, de moitos perseguidos polo rexime franquista, el mesmo tivo que afrontar a cadea e o desterro polas súas actividades.
Técnico da FAO e especialista en pesca, impulsou a modernización da pesca en Galicia ao poñer en marcha o proxecto Pescanova canda José Fernández.
Aportamos este Libro Interactivo para sabermos un pouco máis da súa figura e da súa obra.
LOIS PEREIRO: POETA DA MODERNIDADE
Outro ano máis andamos ás voltas coas Letras Galegas. Este ano adicáronselle ao poeta monfortino Lois Pereiro. Adentrarse na súa obra non é doado, poeta da dor e a enfermidade, con moitas referencias ás literaturas centroeuropeas, pero aínda así imos tentar coñecer máis cousas sobre a súa vida e obra.
Con este LIM aproximarémonos ao seu coñecemento. Preme na foto para acceder ao programa.
Uxío Novoneyra: poeta do courel
Veleiquí unha pequena contribución a un mellor coñecemento de Uxío Novoneyra, poeta a quen se lle adica o día das letras galegas deste ano 2010.Uxío foi un ardoroso defensor da nosa lingua, un home que a cultivou con paixón de artesán, recollendo as verbas populares do seu (noso) Courel.
Realizamos un pequeno libriño Interactivo e Multimedia que vos invitamos a facer e que nos vai servir para coñecer un pouco mellor a traxectoria vital do poeta, a súa bibliografía, algúns exemplos poéticos os seus documentos gráficos....
Preme na imaxe para acceder.
Titoriais para un uso máis efectivo da rede
Queremos agora comezar unha serie de entregas de titoriais nos que imos tentar aprender a facer un uso máis efectivo da rede nas nosas consultas. Empezaremos coa Wikipedia e logo pasaremos a estudar algúns trucos que podemos aprender para mellorar os resultados das nosas procuras en google.
![]() |
![]() |
Formación de usuarios
Pensamos que o único xeito de que os nenos e as nenas do colexio utilicen ben a Biblioteca é usándoa, e facéndoo dun xeito consciente, como bos usuarios dela.
Para iso decidimos elaborar un programa de exercicios para saber que é a biblioteca, como habemos de comportarnos nela, como se ordean os libros e moitas cousas máis. Preme eiquí se queres realizar estes exercicios.
![]() |
![]() |
![]() |
WebQuests, e Procuras do tesouro
Andamos os do equipo de Bibliotecas argallando algunhas actividades de procura documental que nos permitan ir medianamente preparados ás visitas que fagamos para coñecer o noso contorno.
Tamén preparamos uns materiais para investigar sobre varios temas: A orixe do libro e da escrita, os grandes astrónomos e Darwin e a evolución.
Aquí abaixo tedes os enlaces para acceder a estes traballos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O Barquiño de Papel
O Barquiño de papel é o nome do boletín da nosa Biblioteca. Edítase en papel, cunha periodicidade non moi exacta, e aproveitamos tamén para facer unha edición dixital da mesma. Preme nas cabeceiras situadas abaixo, e poderás ler os distintos números da revista xa publicados.
![]() |
![]() |
|||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As fotos dos avós
Hai algúns anos fixemos un traballo de recollida de fotografías antigas, e o resultado foi tan bo, atopáronse fotografías tan preciosas, que non puidemos resistir a tentación de facermos unha exposición con elas.
A toda a comunidade educativa encantoulle a iniciativa, e dado que había tanta xente que quería unha copia de tal ou cal foto, decidimos poñelas a disposición de tod@s na rede.
Premede na fotografía que acompaña esta entrada e... velaí as tedes!
gastronomía do magosto
Tamén recollimos unha presadiña de receitas que captan os sabores do outono de Valdeorras. A castaña está presente na meirande parte das receitas aportadas polas familias do alumnado, que quixeron, deste xeito, partillar coa comunidade educativa, eses pratos tradicionais, transmitidos no seo das familias deica hoxe.
Entrade nas RECEITAS DO MAGOSTO, e desfrutade!