Saltar navegación

Manuel María, poeta da Terra Cha

Que sabemos?

Manuel María
retrato de Manuel María
Retrato por María Esteirán

Manuel María é un dos poetas máis musicados polos cantautores e agrupacións musicais de Galicia, así que, aínda que non teñas conciencia de ter lido ningún poema del, probablemente coñezas moitos nas súas versións cantadas.

Tamén é un autor cunha obra moi importante adicada ao público infantil, nomeadamente "Os soños na gaiola", que no seu tempo foi musicado por Suso Vaamonde, un dos membros das Voces Ceibes, aqueles cantautores que nos anos máis difíciles para o noso idioma e as nosas liberdades, apostaron por cantar en galego.

Con esta secuencia de actividades que imos realizar poderás afondar máis na obra de Manuel María, no seu roteiro vital ao través da xeografía de Galicia e nas súas iniciativas culturais, pedagóxicas e políticas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0