Saltar navegación

Xeografía dunha vida

Para comezar podes ollar esta liña do tempo onde se sinalan os fitos máis importantes da vida e a obra do autor.

Roteiro xeográfico

Neste mapa de Galicia aparecen os lugares onde viviu Manuel María. Á vista da liña do tempo de arriba, ordena cronoloxicamente onde é que foi residindo ao longo da súa vida, poñendo números correlativos aos lugares.

Mapa de Galicia
Mapa Galicia

Actividade de encher espazos

Le o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Manuel María naceu en no ano1929. Tras estudar as primeiras letras trasládase a onde estudará o Bacharelato e coñecerá a importantes persoeiros da cultura galega na tertulia do café Méndez Núñez. Máis tarde irá a a facer o servizo militar, onde coincidirá con Uxío Novoneyra e Carlos Maside.

Ao remate do servizo militar, e tras prepararse para Procurador e casar con Saleta, a familia trasládase a vivir a , onde residirán ata que, xa xubilado, se traslade a vivir á cidade de onde residirá deica a súa morte.

Habilitar JavaScript

Xogo de facer clic por orde

Preme na imaxe que se corresponda co texto mostrado.

resposta

Fenomenal!

Mecachis! Semella que te trabucaches.

Casa natal do poeta en Outeiro de Rei, hoxe sé da fundación Manuel María

Cara ao ano 1953 pasou unha temporada xunto a Saleta na casa de Uxío Novoneyra no Courel

Na libraría e editorial Xistral en Monforte, unha das iniciativas de Manuel María a prol do idioma

Ao facer o servizo militar en Santiago coincidiu con Uxío Novoneyra, e coñeceu a persoeiros da nosa cultura coma Carlos Maside e Ramón Piñeiro

En Monforte de Lemos viviu unha boa parte da súa vida exercendo coma procurador dos tribunais

Durante a traxedia do Prestige Manuel María comprometeuse coa defensa do noso mar.

Comezo

Múltiple

Outeiro de Rei

O Courel 

Libraría Xistral

Cuartel de Santiago

Monforte de Lemos

Contra vento e Marea Negra

Ordena cronoloxicamente as imaxes

Preme nas imaxes e arrástraas deica deixalas na orde correcta.

Moi ben feito.

Ups! Creo que hai algo mal feito.



Proposta de actividade

Agora que xa sabes bastante da vida de Manuel María poderíades facer unha presentación con diapositivas (podes usar libreoffice impress) e mostrarlla aos teus compañeiros e compañeiras.

Para realizar a actividade estaría ben que formasemos un grupo de 3 ou 4 compañeiros e traballar en equipo.

Deberiamos seguir as seguintes normas:

  • Buscar fotografías para acompañar o traballo sen dereitos de autor. Para iso no buscador de google teremos que usar as ferramentas de busca filtrando por licenza e escollendo as que poidamos reutilizar sen uso comercial con modificacións.
  • Procurar cando menos unha imaxe por diapositiva
  • Cada diapositiva terá un título e un texto corto.
  • Deberemos facer unha diapositiva ao comezo de portada, e outra ao final cos créditos onde figurarán os autores do traballo e as fontes (as webs) de onde recollemos a información.

Veña, ánimo e a traballar!

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0