Saltar navegación

Manuel María e a Música

Un poeta moi cantareiro

Manuel María e Suso Vaamonde

Manuel María participou na presentación de Raimon e da nova canción galega no Cine Capitol de Santiago de Compostela o 1 do mes de Nadal do ano 1968.

E non é para menos, a súa obra inspirou a moitos cantantes e grupos para poñer música aos seus versos, que polo seu ritmo e linguaxe se axeitaban perfectamente para este uso.

Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde, María Manuela, Enric Barbat, Roi Casal, Xardín Desordenado, A Quenlla, O Carro... son algúns dos grupos ou solistas que atoparon a inspiración nos versos de Manuel María.

A máis disto, mirade a foto que xuntamos despois deste texto onde se pode ver facer un dúo ao noso poeta co cantante Suso Vaamonde.

Que facemos con tanta música?

Probablemente a máis de un gustaríalle ser un DJ, e porque non lle dar un pouco de gusto.

Ide á páxina de youtube e facede, tras escoitar as cantigas, unha escolma das mesmas. Cando escollas un vídeo porque che gustou, dalle á opción de "engadir a" e crea unha lista de reproducción co nome de Manuel María.

Deste xeito podes crear un mix da música de Manuel María na rede... que guai!

Ensina a túa escolma aos compañeiros de clase.

Para que che saian vídeos musicais de Manuel María podes poñer na caixa de procuras de youtube algo así:

"Manuel Maria Suso Vaamonde".

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0