Saltar navegación

A estrutura atómica

Antes que nada podes ver este marabilloso vídeo de Carl Sagan, que coma sempre explica todo cunha sinxeleza total e que nos vai introducir neste misterioso mundo do moi pequeno.

Indo ao miolo

A táboa periódica establece unhas características dos elementos que reflicten a súa estrutura básica. Os científicos a través do tempo foron deseñando, a través de experimentos moi complexos, como é esa estrutura do átomo.

Segundo a ciencia foi avanzando os modelos foron mellorando na súa explicación dos fenómenos que se ían observando. Fíxate na extrema dificultade deste traballo, porque o átomo non se pode observar, só podemos comprobar como reacciona aos experimentos.

Fai unha táboa onde se mostren as distintas teorías, das máis antigas ás máis recentes, sobre a estrutura atómica e sobre os compoñentes do átomo.

Céntrate nas teorías de Thomson, Rutherford e Böhr.

Actividade de lectura

Contrasta o que aprendiches na páxina anterior coas informacións da páxina 39 e 49 deste enlace:

https://www.mheducation.es/bcv/guide/capitulo/8448180488.pdf

Presenta o resultado do teu traballo nunha liña do tempo coma esta:

Modelo de Thomson

1898

Explicación básica da teoría. Engade ilustracións

Modelo de Rutherford

1911

Explicación básica da teoría. Engade ilustracións

Modelo de Bohr

1913

Explicación básica da teoría. Engade ilustracións. A teoría de Bohr é moi complexa, así que simplemente colle algún dato básico e pono aquí.