Unha pequena biografía
|
Otto Theodor Benfey, químico nacido en Alemania, de onde escapou aos 10 anos fuxindo da barbarie nazi, importante profesor de química e estudoso da historia desta materia a máis de ser autor dunha táboa periódica en espiral (na imaxe), dicía que "a táboa e a lei periódica son o corazón da Química, comparables á teoría da evolución en bioloxía ou ás leis da termodinámica na física clásica". Esta consideración dun importante profesor de química debería facernos pensar un pouco na importancia deste anaco de papel, de como inflúe na nosa vida, e, porque non, da persoa que ideou esta táboa. |
|
Podedes consultar as seguintes ligazóns para recoller información sobre Mendeleiev, lembrando sempre de consultar varias páxinas para contrastar as informacións, e deste xeito evitar introducir erros no noso traballo:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Dmitri_Mendeleiev
https://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/mendeleiev.htm
http://www.mcnbiografias.com/app-bio/do/show?key=mendeleiev-dimitri-ivanovich