|
|
Normas de disciplina
-
Terase un rexistro acumulativo de incidencias do alumno/a, no que figure o día no que tivo lugar a medida adoptada polo profesor/a, a resposta do alumno/a e da familia nos casos en que sexa informada.
-
Entrarase por filas e por cursos, gardando silencio e orde no patio, recollendo ao alumnado nas escaleiras de entrada. Subirá o titor/a cos nenos/as e o/a especialista ou substituto/a que corresponda, se fose o caso; todos con puntualidade.
- Nas saídas, o profesor/a que estea coa clase, irá diante do alumnado. Ao mediodía, o alumnado de comedor quedará ordenado e en silencio nos corredores.
- Para baixar ao recreo baixar á o profesor/a que estea coa clase, diante do alumnado ata o patio de recreo. Baixarase cando toque o timbre, e se algún profesor/a decidira quedar máis tempo na clase, procederá da mesma maneira
- A comisión de coordinación pedagóxica revisará periodicamente o cumprimento destas normas.
- Ao principio do curso, lerlle tanto aos pais/nais ou representantes legais (reunión cos pais/nais ou representantes legais) como aos nenos/as (primeiros días de clase), as faltas, as normas, e as posibles sancións que se lles poidan aplicar.
- As condutas contrarias ás normas de convivencia do centro poderán ser corrixidas con:
- Amoestación privada ou por escrito.
- Comparecencia inmediata ante o xefe/a de estudos.
- Realización de traballos específicos en horario non lectivo.
- Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro ou, se procede, dirixidas a reparar o dano causado ás instalacións ou ao material do centro ou ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
- Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro.
- Cambio de grupo do alumno/a por un prazo máximo dunha semana.
- Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un prazo máximo de tres días. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno/a deberá realizar deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.
- Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un prazo máximo de tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno/a deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.
- Serán competentes para decidir as correccións previstas no artigo anterior:
- O profesorado do alumno, oído este/a, as correccións que se establecen nos parágrafos 1 e 2, dando conta ao titor/a e ao xefe/a de estudos.
- O titor/a do alumno/a, oído o mesmo/a, as correccións que se establecen nos parágrafos 1, 2, 3 e 4.
- O xefe/a de estudos e o director/a, oído o alumno/a e o seu profesor/a ou titor/a, as correccións previstas nos parágrafos 2, 3, 4, 5 e 6.
- O consello escolar, oído o alumno/a, as establecidas nos parágrafos 7 e 8, se ben poderá encomendar ao director/a do centro a decisión correspondente a tales correccións. O director/a, oído o titor/a e o equipo directivo, tomará a decisión tras oír ao alumno/a e, se é menor de idade, aos seus pais/nais ou representantes legais, nunha comparecencia da que se levantará acta. O director/a aplicará a corrección prevista no parágrafo h sempre que a conduta do alumno/a dificulte o normal desenvolvemento das actividades educativas, debendo comunicala inmediatamente á comisión de convivencia.
As condutas contrarias ás normas de convivencia no centro prescribirán no prazo dun mes, contado a partir do día da súa comisión. As correccións impostas como consecuencia destas condutas prescribirán á finalización do curso escolar.
O alumno/a, ou os seus pais/nais ou representantes legais, poderán presentar unha reclamación no prazo de corenta e oito horas contra as correccións impostas, correspondentes aos parágrafos 7 e 8, ante o director/a provincial, do que a resolución porá fin á vía administrativa.
- Todas as faltas e as correccións aplicadas serán comunicadas aos pais/nais ou representantes legais, así como tamén faráselles saber con suficiente antelación, a decisión de que o seu fillo/a non participará nunha determinada actividade extraescolar por diferentes motivos.
- Todos os nenos/as deberán traer un xustificante asinado, para saír do colexio antes do horario regulamentario. Os seus pais/nais ou representantes legais deberanos vir buscar á entrada do colexio, sen subir en ningún momento ás aulas, ou corredores. O/a bedel pasaraos/as á sala de visitas e evitará que anden polo centro.
ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
HORARIOS
Entradas e saidas
- Os alumnos entrarán ó recinto escolar ás horas establecidas
- O bedel será o encargado de indicar dito horario mediante o toque de timbre
- Os alumnos subirán á súa aula ordenadamente, baixo a vixilancia dos profesores/as.
- Os alumnos entrarán ó centro polas portas designadas a tal efecto
- Tanto na xornada de mañá como na de tarde a profesora-titora anotará as faltas do alumnado na ficha de cada un deles. Nesta ficha indicarase como xustificadas ou non xustificadas
- Ningún alumno poderá salir de clase antes das horas establecidas, a non ser, por un caso excepcional e co consentimento do profesor
- Ningún alumno poderá permanecer nos corredores, patios, etc unha vez que comencen as clases
- Tanto nas entradas como nas saídas o profesor/a que non teña clase a esas horas, encargarase de manter a orde na porta da entrada e o pé da escaleira
Tempo de recreo
- No tempo de recreo os alumno/as permanecerán no patio do colexio. Excepcionalmente e por indicación do profesor, poderán permanecer na aula en presencia de dito profesor/a
- A vixilancia dos recreos por parte dos profesores/as é obrigatoria e a de cumplirse coa máxima puntualidade de acordo co calendario establecido a principio de curso
- Queden prohibidos os xogos que supoñan molestias ou perigo para os demais, así como traer obxectos agresivos ou molestos: globos de auga, canutos, dardos, navallas, etc...
- Non se entrará no edificio ata que toque o timbre e farase seguindo as instruccións dos profesores.
- Queda prohibido subirse ós aramados, canastras, porterías e saír fóra do recinto escolar.
- Se xorde algún problema en tempo de recreo, os alumnos/as deberán dirixirse ós profesores/as vixiantes
- As envolturas de bocadillos ou obxectos de usar ou tirar depositaranse nos contenedores de lixo, que se atopan situados no patio.
- Nos días de chuvia ou frío, os alumnos/as permanecerán nas súas aulas durante o recreo: sendo o titor/a o responsable de manter a orde na aula, coa axuda do resto dos profesores, que terán quendas establecidas para vixilancia. Os alumnos maiores que queiran saír ó patio poderán facelo e estarán vixiados polos titores que non teñen titoría.
- A decisión de saír ou non ó patio tomará o equipo directivo e en caso negativo, non se tocará o timbre para a sada, aunque sí, para reiniciar as clases
- Os alumnos poderán saír ordenadamente os servicios de cada planta sempre controlados polos seus titores/as
- Cando os alumnos de educación infantil teñen o mesmo horario do recreo que o resto dos alumnos/as, disporán en exclusiva, da zona de patio que se lle asigne, e o resto dos alumnos/as non poderán utilizar dita zona.
- As pistas deportivas serán utilizadas de acordo co calendario establecido
Saídas do centro ou aula
- Como norma xeral, ningún alumno/a poderá saír do centro ou da aula sen causa xustificada. Cando un alumno/a necesite saír, seguiranse os seguintes pasos:
- Saídas do centro para consulta médica ou outra causa similar xistificada. En todo momento o titor/a de ser coñecedor delo. O alumno/ a debe presentar un xustificante asinado polos seus pais ou titores responsabilizándose de canto puidera ocorrerlle ó alumno/a nas horas de permanencia fóra do centro, o cal deberá ser visado polo director/a e profesor/a titor/a.
- Casos de enfermidade manifesta na aula.O profesor/a que imparte clase ó alumno/a que se atopa mal , comunicarallo ó titor/a . Chamarase á familia para que veñan recollelo.
- Casos de accidente.
- Se non reviste gravidade, avisarase á familia como no caso anterior.
- Se se considera necesaria a atención médica seguirase o seguinte proceso:
- Unha primeira cura no centro se é preciso.
- Avisarase ós pais.
- Procederase, de forma máis racional posible, para o seu traslado ó hospital.
- Cubrirase un parte de incidencias, facendo constar o accidente e as medidas adoptadas.
AS INSTALACCIÓNS E A SÚA UTILIZACIÓN
- Corredores
- Os corredores son zona de tránsito dunhas dependencias a outras e non zonas de xogo ou de castigo.
- Os alumnos/as que esperen ós seus amigos/as ou familiares, deben facelo no patio de entrada ó colexio e nunca nos corredores ou portas das aulas.
- Queda prohibido xogar con balóns, canicas, etc. dentro do edificio; así como, correr, patinar, pintar paredes, estragar murais, etc.
- Os alumnos/as non poderán saír ós corredores nin ir ós aseos nos cambios de clase, se non é co permiso do profesor/a.
- Aulas
- O comenzo de curso determinarase que grupo de alumnos utilizará cada aula.
- O profesor/a titor/a será o responsable do material existente en cada clase, comunicando ó equipo directivo os desperfectos, que se produzan ou as necesidades que detecten.
- Ningún alumno/a poderá permanecer nas aulas sen consentimento do seu profesor/a en horario non lectivo.
-Pistas deportivas.
Polo seu caracter, e polo uso de espacios distintos ás aulas, as clases de Educación Física ateranse as seguintes normas:
- O profesor recollerá ós alumnos na súa aula e ó titor finalizada a clase levaraos á mesma, responsabilizándose do mantemento da orde debida, a fin de non ocasionar molestias ó resto das clases.
- O profesor controlará ós alumnos no lugar onde se realize a clase, non permitindo que vaguen polos corredores, lavavos....
- Terminada a clase, o material deberá quedar correctamente ordenado.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
-En horario lectivo
- Todos os alumnos/as teñen dereito a participar en actividades extraescolares programadas ó largo do curso.
- Deste dereito veranse privados aqueles alumnos/as que a xuízo do titor/a poidan representar un evidente perigo para o normal desenvolvemento da actividade, así como, aqueles alumnos/as ós que por cometer algunha falta se lles prive deste dereito.
- A comunicación ós pais, realizarase mediante escrito en modelo do centro.
- Todolos alumnos/as participantes en actividades que supoñan saída do recinto escolar, deberán presentar ó seu titor/a, a autorización correspondente, debidamente asinada polos pais e dentro do prazo establecido.
- Os alumnos/as que non asistan a dita actividade, poderán permanecer no seu domicilio coa autorización dos seus pais. No caso contrario poderan asistir ó centro para realizar actividades alternativas baixo a vixilancia dun profesor/a.
- Non poderá realizarse ningunha actividade sen coñecemento do Xefe de Estudios, cunha antelación suficiente para prever todo tipo de situacións (acompañantes, substitucións...) que poidera ocasionar a mesma e aportando relación de alumnos/as.
- En casos extraordinarios, debidamente xustificados e sempre que non supoña un desembolso para os compañeiros maior do previsto, procederase á devolución do pagado polo alumno/a, cando non poida asistir a actividade.
- Se a duración da actividade revasase o horario de maña en máis de unha hora, considerarase como xornada continuada e os alumnos/as non terán por elo sesión de tarde.
Nº |
RELACIÓN DE FALTAS E A SÚA CATALOGACIÓN |
|
Leve |
Grave |
Moi grave |
1 |
Chegar tarde ó centro sen xustificación |
X |
|
|
2 |
Correr, alborotar ou xogar polos corredores |
X |
|
|
3 |
Permanecer alborotando, entre as dúas portas da entrada principal, cando non hai motivo para elo |
X |
|
|
4 |
Entrar ó centro e saír saltando o aramado |
|
X |
|
5 |
Non entrar ó centro pola porta asinada |
X |
|
|
6 |
Permanecer nos corredores ou lavabos |
X |
|
|
7 |
Saír da aula sen permiso |
X |
|
|
8 |
Permanecer na aula sen permiso do profesor |
X |
|
|
9 |
Molestar, intimidar ou faltar ó respeto a outros alumos |
X |
X |
|
10 |
Agredir a un compañeiro |
|
X |
X |
11 |
Entrar do recreo antes do toque de sirena |
X |
|
|
12 |
Subirse ou saltar o aramado, canastras, porterías |
X |
|
|
13 |
Arroxar papeis ou desperdicios ó chan |
X |
|
|
14 |
Non respetalo patio de Educación Infantil |
X |
|
|
15 |
Non respetar a distribución das pistas |
X |
|
|
16 |
Saír ó corredor e ir ós aseos no cambio de clase |
X |
|
|
17 |
Utilizalo aseo que non corresponde |
X |
|
|
18 |
Utilizar inadecuadamente os servizos |
X |
|
|
19 |
Non respectalo material de outros alumnos |
X |
X |
|
20 |
Non respectar o material do profesor |
|
X |
X |
21 |
Non respectar ou facer uso incorrecto do mobiliario, material ou instalacións do centro |
X |
X |
X |
22 |
Faltar ó respecto ó profesor |
X |
X |
X |
23 |
Faltar ó respecto a outras persoas relacionadas co centro |
X |
X |
|
24 |
Ameazar a un profesor |
|
X |
|
25 |
Ameazar a outras persoas relacionadas co centro |
|
X |
|
26 |
Agredir a un profesor |
|
|
X |
27 |
Agredir a outras persoas relacionadas co centro |
|
|
X |
28 |
Non seguir as explicacións do profesor/a |
X |
X |
|
29 |
Interromper a dinámica da clase |
X |
X |
|
30 |
Non traer o material |
X |
|
|
31 |
Saír do centro sen causa xustificada |
|
X |
|
32 |
Non recoller ou deixar desordenado o material ou material utilizado |
X |
|
|
33 |
Non respectar as normas especificas da biblioteca |
X |
|
|
34 |
Faltar a clase sen xustificación |
X |
|
|
35 |
Molestar, interromper as clases ou incumprir calquera norma desde o exterior do centro |
X |
X |
|
36 |
Non presentarse correctamente vestido e aseado |
X |
|
|
|
|
|