CEIP
Composición do equipo Plan de normalización Actividades Letras Galegas
CALIDADE
O CENTRO
ORIENTACIÓN
ORGANIZACIÓN
ALUMNADO
PROFESORADO
PAIS E NAIS
ACT. COMP. E EXTRAESCOLARES

Ola compañeiros!
Aquí tendes unhas fotos dunha saída titulada  “A Ruta Currosiana” na que participamos os alumnos e alumnas de 6º, as titoras de 6º, a profesora de música e a encargada da “Casa dos Poetas” situada en Celanova e que é a casa onde naceu Don Manuel Curros Enríquez.
Dita casa está adicada a facer exposicións durante todo o ano e nela tamén se conta a vida e obra deste famoso escritor.
A idea de facer esta saída, partiu do Equipo de Normalización Lingüística que quere, que os nenos e nenas do colexio coñezan un pouco máis a figura de Don Manuel Curros Enríquez,.Con ela, tamén queriamos achegar un pouco a lingua e os poemas escritos por Don Manuel, os nenos e nenas, de maneira, que cada vez que facíamos unha parada para beber ou descansar, líamos un poema relacionado co que estabamos vendo e que están escritos por Don Manuel.
A saída comezou dende o colexio e a 1ª parada foi na “Casa dos Poetas” onde a encargada nos mostrou toda a documentación que teñen sobre “Curros” e tamén nos puxo unha proxección na que se falaba do dura que foi a súa vida

O rematar de ver a “Casa dos Poetas” dirixímonos a ver ó “Claustro de Celanova” e posteriormente fixemos unha visita os bustos de Celso Emilio e de Curros Enríquez onde lemos un poema de cada escritor.
De seguido, comezamos o que verdadeiramente é a “Ruta” pasando por pobos como a Penalta, Mourillos, Vilanova dos Infantes,... ata chegar de novo ó colexio

Esta foto é camiño de Penalta.

Aquí vedes a pedra que lle da nome ao pobo no que só vive unha familia.

Por este camiño iamos a Mourillos
Aquí coa axuda da policía local dirixiámonos á zona recreativa situada detrás do “Santuario da Nosa Señora do Cristal” para xantar e posteriormente seguir a nosa ruta a “Vilanova dos Infantes” que si vos fixades ben na foto podedes ver a “Torre de Vilanova”.

Foi tamén neste pobo onde o cura nos mostrou a “Virxe do Cristal”

Espero que estas fotografías e un pouco o contido que elas conteñen vos animen a facela  a todos os que visitades a nosa páxina.
Aquí vos deixo información da “Casa dos Poetas” de Celanova por si vos animades

Fundación Curros Enríquez
R/ Curros Enríquez 37
32.800 Celanova (Ourense)
Tfno: 988.451176
www.currosenriquez.com
fundacion@currosenriquez.com

Act. 2 Act. 3
Act. 4 Act. 5 Act. 6
Act. 7 Act. 8 Act. 9

CEIP CURROS ENRIQUEZ - Celanova (Ourense) 2006 (Miguel de Castro)