CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal

Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

FESTAS E XOGOS TRADICIONAIS

Co obxectivo de coñecer, manter, recuperar e, sobre todo, disfrutar coas festas tradicionais, no Colexio celebramos cada ano os seguintes:

 MAGOSTO ENTROIDO MAIOS XOGOS TRADICIONAIS

 

O MAGOSTO

Facémolo tradicionalmente na Área Recreativa dos Montes de Cedeira. 

 

Os máis pequenos suben en autobús e o resto camiñando o que nos permite apreciar e valora-lo noso medio natural e as fermosas vistas da Ría de Vigo coa Illa de San simón, e de gran parte do concello de Redondela. 

Unha vez arriba, baixo os castiñeiros, preparamo-los cucuruchos de papel, asamos e comemo-las castañas. 

 

 

Tamén adicamos un tempo para cantar algunha peza relacionada con esta festa tradicional. 

Logo realizamos outras actividades (de observación, xogos tradicionais ou de orientación,...) que nos permiten completar unha xornada lúdica e formativa. 

 

 

 

VISTA PARCIAL DO CONCELLO DE REDONDELAPARROQUIA DE CEDEIRARÍA DE VIGO E ILLA DE SAN SIMÓN 

Tamén adoitamos confeccionar nestas datas cestas con froitos e follas de outono. Cada aula prepara varias cestas e logo facemos con todas unha vistosa exposición.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O ENTROIDO

Iniciamo-la celebración do entroido realizando actividades nas aulas. Durante a Quincena doChocolatada Entroido tódalas clases do Colexio desenvolven a Unidade Didáctica que deseñou o profesorado do Centro: visionado de videos con mostras dos diferentes entroidos de Galicia, exposición de fotografías, ambientación das aulas e espacios comúns, confección de carautas e máscaras, receitas de cociña, etc. Un elemento característico do noso Entroido é o Meco. Con el criticamos algún feito negativo ocorrido ó longo do ano. Rematámo-la xornada festiva disfrazándonos todos, xulgando ó Meco e queimandoo. Tamén o noso Meco mándanos traer cada día da semana da festa algún obxecto ou prenda de roupa para prepararnos para a mesma.

 

CURSO 2.004-2005

MÉDICAS E ENFERMEIROS

Este ano disfrazámonos de distintos oficios, facendo unha parodia dos mesmos. ¡Foi moi divertido! 

ADÁN E EVA NO PARAÍSO

No Paraíso vivíase estupendamente sen traballar, ata que unha mazá provocou o que provocou...

 

 

 

MARIÑEIROSTrala expulsión, cada persoa tivo que gaña-lo panPEIXEIRAS coa suor da súa fronte. 

 

 

 

 

Así temos peixeiras, mariñeiros, albaneis, pintoras, perruqueiras, médicas e enfermeiros, xornalistas, executivos, detectives,...

FONTANEIROSPINTORAS

 

 

 

 

 

 

 

LIMPADORAS EXECUTIVOS

 

 

 

 

 

 

 

 

XORNALISTASDETECTIVES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MANIFESTACIÓN DE PARADOSPero tamén temos parados, xubilados, emigrantes...EMIGRANTES

 

 

 

 

 

 

Este curso decidimos que o Meco fose o Paro, un dos problemas  que, ano tras ano, nos acompaña.  Logo de ser xulgado polo alumnado de Sexto de Primaria, queimámolo coa idea de que deixe de ser un problema para toda a sociedade.

XULGANDO AO MECOA PIQUES DE QUEIMAR O MECO

 

 

 

 

 

 

 

 

CURSO 2.003-2.004

 O Meco que se queimou no Entroido deste ano representaba unha cementeira que se quere construir na zona, en Rande. O alumnado participou na confección deste e tamén na redacción do xuizo que o condenou.

 

 

 

Todo o colexio participou na representación cómica das “etapas da vida”. As diferentes idades víronse reflexadas nos disfraces que, empezando polos maiores (disfrazados de bebés), acabaron nos velliños de Infantil.

 

 

 

 

 

CURSO 2.002-2.003Pescadores e mariscadoras

O Entroido deste ano foi especial. Primeiro tomamos unA marea negra chocolate con churros para coller forzas. Logo de nos disfrazar, comezamos a representación do conto “Cando o mar se vestíu de loito” referido á catástrofe que asolou as nosas costas a finais do ano 2.002.  

 

Os voluntariosRepartímosnos os papeis: os de Educación Infantil ían de pescadores e mariscadores. Os de Primeiro Ciclo, de peixes. Os de Terceiro, Cuarto e Sexto facían de marea negra e os deFaenando Quinto, de voluntarios.

¿Queredes le-lo conto? Pois facede clic no seu nome:

                                                                           CANDO O MAR SE VESTÍU DE LOITO

 Chegou a marea negraLogo da representación fixemos rodas e principiamo-lo Xuizo ó Meco. Xa vos imaxinades o que era: o “PRESTIGE”. Lida a sentencia, resultando culpable,Os voluntarios en acción procedimos a queimalo. Fixémolo con moitas ganas, agardando que nunca máis volva a ocurrir unha traxedia similar en ningunha parte do mundo. Logo actuaron rapaces e rapazas do Segundo e do Terceiro Ciclos, facendo “playbacks” e, finalmente, bailamos para remata-la festa.

¡NUNCA MÁIS "PRESTIGES"!

 

OS MAIOS

Facendo cadeas

É ben coñecida a tradición que a festa dos maios ten no concello deOs máis cativos traballando Redondela. No Colexio, por terceiro ano consecutivo, quixemos que os máis pequenos participen desta celebración popular. O día 30 de abril confeccionamos entre todo o profesorado e alumnado do Centro un maio tradicional. Desde os máis cativos,  todos e todas colaboraron recollendo flores e fiuncho, traendo Preparados para a montaxe laranxas e ovos. Logo, nas aulas, coséronse facendo cadeas de cores. Tamén creamos coplas e aprendimos outras tradicionais. 

Finalmente saímos ó patio para montalo entre todos. Primeiro o fiuncho, logo as flores, ovos e laranxas. E finalmente a coroa. ¡Case rematamos!

 

 

 

Cando rematamos de confeccionalo, comezamos a canta-las coplas por cursos. Para finalizar, démoslle unha volta ó Colexio e deixámolo na entrada do mesmo. 

Coplas arredor do maio

 

OS XOGOS TRADICIONAIS

No noso Colexio estamos recuperando os xogos tradicionais.

   Desde hai varios anos tentamos que os nosos alumnos e alumnas descubran algo máis da vida dos seus avós e pais a través dos Xogos do mundoxogos que practicaban cando eran cativos. Por medio dun cuestionario todos coñecimos ou lembramos moitos xogos que hoxe case non seXincana practican. E desde aquela, cada ano, dentro da programación do Colexio hai un espacio para os xogos tradicionais.                               

 

 

 

Tedes aquí unha mostra dos practicados nos últimos cursos: