CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

XORNADAS DAS LETRAS GALEGAS 

Celebramo-la festa grande do Colexio no mes de maio por medio das Xornadas das Letras Galegas. Nesa datas sinaladas desenvolvemos moitas actividades que teñen como núcleo central as nosas Letras: representacións teatrais, actuacións musicais, encontros con artesáns da zona (cesteiros, oleiros, palilleiras,...), exposicións, animación á lectura, mostras dos traballos realizados nas actividades extraescolares, programa especial de radio, convivencias con outros centros, xogos populares, etc.

   

 Rematamo-las Xornadas coa celebración do  Festival das Letras Galegas. Nel todo o alumnado do Colexio participa coa posta en escena das súas creacións. recitado de poesías, obras de teatro, monicreques, actuacións musicais, etc.

   Así os nenos e nenas disfrutan realizando de xeito cooperativo as súas creacións artísticas. Síntense integrados no Colexio, entre todos constrúen a idea de escola, forman parte dunha comunidade con diversas manifestacións do patrimonio cultural as cales van conformando paseniñamente o seu ser persoal.