CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

C.E.I.P. DO XURÉS (OURENSE)

Paraño, 31 – 32870 LOBIOS – Teléfono - 988448007 - email: ceip.doxures@edu.xunta.es

Nós

Horarios

Enlaces

Actividades

Situación xeográfica

Lexislación

Descargas

 

Antiguo sitio web, programado por Jorge Emilio Bóveda

 

 

Novas do curso 2007-2008

Volver ao inicio

12 de Xuño. Viaxe ó Grove.

A ANPA do colexio organizou este viaxe no que faremos unha ruta marítima polo mar de Arousa. Os que aínda non montaran en barco terán posibilidade de facelo.

11 de Xuño. Comezan os ensaios para o concerto de fin de curso.

Hoxe empezamos a preparar as cancións que imos interpretar no concerto de fin de curso. Estivemos axustando a entonación. Aínda falta aprenderse ben as letras e os bailes.

6 de Xuño. Parque nacional de Corrubedo.

Por fin chega o día da excursión. Compartimos viaxe cos nenos e as nenas dos coles de Entrimo e Muíños. Corrubedo está moito máis lonxe do que parece. Chegamos moi tarde pola noite, pero puidemos contemplar bonitos paisaxes, cheos de flora e fauna típicos.

Viaxe a Corrubedo.

Aínda que non levamos o primeiro premio no concurso sobre o parque do Xurés, quedamos moi ben clasificados. Como premio, invitáronnos á excursión que se vai a celebrar ó parque das dunas de Corrubedo, preto de Santiago. Imos ir o día 6 de Xuño.

29 de Maio. Os nenos e as nenas de Viana do Castelo veñen de visita.

Chegaron sobre as once e media. Representamos a obra que xa levaramos a Bande e despois cantamos o himno galego. Eles bailaron unhas danzas portuguesas e cantaron unha canción en español.

Próxima visita dos nenos e nenas dun colexio portugués.

O día 29 virán de visita algúns nenos e nenas, acompañados de profes desde Viana do Castelo. Os nosos profes están preparando xa as actividades para eses día.

21 de Maio de 2008. Seprona e Garda Civil no multifuncional.

Achegámonos ata o multifuncional onde nos atopamos con nenos de outros colexios para asistir a unha charla sobre emerxencias forestais. Despois da charla, volvemos ó colexio, acompañados polas nenas e os nenos de Arzúa, que estaban de visita en Lobios. Alí desfrutamos da exhibición dos veículos de emerxencias e compartimos patio e xogos cos nenos e nenas visitantes.

16 de Maio de 2008. Concurso parque do Xurés.

Os nenos e as nenas do segundo ciclo fixemos unha preciosa maqueta que presentaremos para o concurso de traballos sobre o parque. O premio do concurso é unha viaxe a Asturias. Pola tarde fomos todos á aula de audiovisuais onde vimos unha presentación que fixeron uns nenos dun instituto de Ferrol sobre Álvarez Blázquez, autos ó que se lle adica o día das letras galegas. Despois algúns nenos e nenas leron algúns dos seus poemas e todos comentamos o que entendiamos e o que nos parecían.

15 de Maio de 2008. Teatro en Bande.

Levavamos moito tempo ensaiando a obra e por fin fomos a Bande a representala. Saiu moi ben e volvimos moi contentos. Gustoulle moito a todo o mundo.

14 de Maio de 2008. Reportaxe no diario "La Región".

12 de Maio de 2008. Carreira solidaria.

Despois de preparar unha bonita pancarta recorrimos as rúas de Lobios para axudar, co patrocinio dos negocios da vila ós nenos do Congo. Dámoslle-las grazas a tódolos comercios, que colaboraron na medida das súas posibilidades e permitiron que a carreira tivese lugar. Tivemos a visita dun fotógrafo do diario "La Región" que nos tomou unhas fotos moi chulas. As fotos son para o reportaxe que aparecerá o día 14 no xornal, na sección escolar. Esta semana empeza ademáis, a liga de brilé na que imos participar todos.

9 de Maio de 2008. Excursión a Coles.

Visitamos unha granxa escola na que vimos moitos animais interesantes. Uns bois cuns cornos enormes, porcos máis longos do normal, que tiña problemas para maniobrar e moitas cousas máis. Despois comimos os bocatas e unha empanadas riquísimas.

18 de Abril de 2008. Charla.

Imos contar con outra misioneira que relatará as súas experiencias. Esta vez en Senegal.

15 de Abril de 2008. Viaxe en tren.

Tal e como estaba programado, moi cedo pola mañá fomos ó colexio para chegar a tempo de coller en Ourense o tren que nos ía levar a Monforte.

14 de Abril de 2008. Charla

Un sacerdote, Isaac, veu ó colexio para falarnos da súa experiencia como misioneiro en Ecuador.

Carreira solidaria "Save the children"

Coma tódolos anos, os alumnos e as alumnas do colexio van participar na carreira solidaria, buscando a participación dos veciños de Lobios para recaudar fondos e axudar ós nenos e as nenas de África.

Ademáis da carreira, este ano estamos preparando outras actividades paralelas. Se queres máis información entra na páxina de actividades.

O día 15 de abril imos en tren.

Iremos ó colexio máis cedo que de costumbre, ás oito e media, para ir no autobús a Ourense e chegar a tempo de coller o tren a Monforte. No tren vai haber un paiaso e máis cousas. Como non chegamos a tempo de comer temos que levar o bocadillo, pero despois chegamos a tempo de coller o bus a casa coma tódolos días.

Colaborando co medio ambiente.

O venres 28 de marzo interrompéronse as clases para plantar unhas árbores que nos mandara a consellerí. Contribuimos así á conservación do noso medio natural, protexido polas administració dende que foi declarado parque natural.

Cambios no claustro.

No mes de marzo tivemos dúas novas incorporacións no claustro, por baixa dalgúns compañeiros. Estela vai ser a titora de 4 e 5 anos. Manuel vaise encargar de ensinar Música e Plástica.

 

Concello de Lobios

Consellería de Educación da Xunta de Galicia

Ministerio de Educación, política social e deporte.

Proxecto Eurydice Aquí poderás encontrar todo tipo de datos e estatísticas sobre a educación en Europa.

Páxina sobre educación da Comisión Europea.