| "Escoito
e esquezo. Vexo e recordo. Fago e entendo." (Confucio)
2º
premio na modalidade de Experiencias Didácticas (Categoría
II) no 10º Certame "A Navegar" de Educared!!! accede
ao traballo premiado
O premio consistiu nunha pizarra dixital para o centro
escolar.
Descripción do proxecto:
enmárcase dentro do Proxecto Curricular da área de Inglés
do 3º Ciclo de Primaria. Contribúe á adquisición
e desenvolvemento das seguintes competencias básicas: comunicación
lingüística, coñecemento e interacción co mundo
físico, competencia social e cidadá, aprender a aprender,
autonomía e iniciativa persoal e tratamento da información
e da competencia dixital.
Estructura e desenvolvemento: durante todo o curso, con
3 unidades (1 por trimestre). Sesións semanais ou quincenais na
aula de informática (7-8 sesións por trimestre). Tódalas
actividades incluídas no proxecto son para levar a cabo en pequenos
grupos de 3 alumnos. Cada unidade lévanos a un país/continente
concreto. O alumnado toma conciencia de que se pode aprender sobre outros
pobos e outras xentes a través da lingua inglesa e de internet.
Traballan de forma cooperativa, fan investigación, comparten coñecementos
e tarefas e elaboran un proxecto común.
UNIDADES:
1º TRIMESTRE: AUSTRALIA
2º TRIMESTRE: ROMANIA
3º TRIMESTRE: TUNISIA
|
|