




ABAIXO
O
DEPORTE NO
COLEXIO O CASTIÑEIRO
O deporte é un elemento máis na
formación educativa e pedagóxica do neno na súa etapa escolar. Por iso, dende
o noso colexio temos claro que unha boa oferta educativa no eido deportivo
repercute directamente nunha mellora na calidade do ensino, que por outra banda
non deixa de ser un dos principales obxectivos do centro.
O deporte no noso colexio está
diferenciado en dous ámbitos: no período escolar e no período extraescolar.
No período escolar, o responsable máximo de organización de eventos
deportivos é o profesor de educación física do centro (Juan Luis Rivero).
Os alumnos de 2º a 6º de primaria participan nas distintas
competicións de deporte escolar. O deporte no que se participa é no campo a través ademais de a polideportiva cando esta se realiza en colaboración cos distintos centros da comarca de Verín.
ARRIBA