A formación para a
paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das
finalidades do noso sistema educativo. Día a día trabállase esto nas
aulas pero tamén é necesario ter un día de celebración especial para
lembrar a todos aqueles que todavía están nunha situación social que non
é acorde con este lema.
É por tanto unha
oportunidade para convertirnos en instrumentos de paz e de entendemento
entre as persoas.
O día 30 de xaneiro
celébrase en todo o mundo o día da PAZ.
Primeiro
podedes practicar aprendendo a canción que imos a cantar este ano no
cole. Podedes descargar a letra do seguinte icono
No seguinte
video
podedes practicar a interpretación da canción deste ano.
Eiquí
vos deixamos a letra da canción e a música para practicar.
Un ano máis
nas aulas traballamos sobre este tema e decoramos o cole ao respecto.
Dende o
Equipo de Normalización propuxeron alegrar un cadro tan triste como o
Guernica.
"TROCAMOS A
TRISTEZA EN LEDICIA"
Todo
o colexio participou nesta actividade. Dende Educación Infantil que fixo
o marco ata o alumnado de primaria que fixo os distintos personaxes do
cadro. E o resultado foi o seguinte.
Este ano
cada ciclo elaborou un mural da PAZ. Despois de
traballar nas aulas sobre A PAZ baixamos os murais ao patio para
expoñelos ante todo o alumnado colocándoos colgamos no muro da pista do
patio.