©Webmaster

 

O día da Paz:
 
 
 

O ENTROIDO

Consideramos esta festa como unha das que máis favorecen ás relacións entre os membros da comunidade, fomentando ó tempo a imaxinación e o enriquecemento do vocabulario infantil; por todo isto xa empezamos a preparala un mes antes da súa celebración.
Primeiro lévase a cabo unha xuntanza dos profesores para elexir un tema axeitado a tódolos niveis e, por ciclos, comezamos a preparar os nosos disfraces utilizando materiais diversos como plástico, papeis, cartulinas... Tamén preparamos os accesorios necesarios e as carautas.
 
 
Disfraz de Brancaneves e os ananiños:
 

 

 
Disfraz de Pinocho:

 

 

 
O día da festa saímos desfilando por toda a parroquia e cantamos cantigas preparadas de antemán e acordes co tema elexido.
Cando remata o percorrido voltamos ó colexio e facemos unha merenda cos productos típicos destas datas: orellas, filloas, flores... que os nenos trouxeron das súas casas.