Posts belonging to Category Normalización lingua



Visita ao mercado de Pontevedra

Obradoiro Lingua Forza 3

O obradoiro Lingua Forza 3, unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade nos tres ciclos de Primaria. nos que os nenos empregan as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental.

XVII SALÓN DO LIBRO: “CANTA BICHERÍA!”

Os animais foron os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016: Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso “A Terra Chá: poesía e paisaxe”.

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedícaselle o Día das Letras Galegas de 2016.(Fonte: Wikipedia) Ler máis.

Recursos Letras Galegas 2016  da Coordinadora Galega de E.N.D.L.

Paco Nogueiras contounos varias historias na Biblioteca

Concurso de postais do Nadal 2015

Visita ao Culturgal do CEIP A Xunquiera Nº 2

O pasado 4 de decembro, tivemos a sorte de estar co escritor Andrés Meixide que nos firmou uns exemplares que xa están na nosa biblioteca.

Recursos para o Nadal

Visita á Biblioteca Pública de Pontevedra

O 18 de novembro os alumnos de terceiro do CEIP A Xunqueira Nº 2 visitamos a Biblioteca Pública de Pontevedra. Que ben o pasamos!

Outono 2015. Polo san Martiño…