XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA: XOGADE

CLASIFICACIÓN DA XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA

A SEMANA DA FROITA NO CEIP A XUNQUEIRA Nº 2: MERENDAS SAUDABLES E OBRADOIRO DE ESPETOS

Durante esta semana recibimos froita fresca (plátanos, laranxas, kiwis e mazás de dúas clases) financiada coa axuda do FOGGA, contribuíndo así ao fomento de hábitos alimenticios saudables entre o alumnado (Plan Proxecta). Nesta liña repartimos cada día unha froita diferente, analizamos as súas propiedades e fixemos merendas saudables. Foi unha iniciativa moi ben acollida na nosa aula de 4º de infantil de forma que todos os alumnos degustaron as distintas pezas entregadas.

Aproveitando a ocasión brindada, fixemos un obradoiro de brochetas con froitas que foi un auténtico éxito.

LOITA OLÍMPICA

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2018

CEIP A Xunqueira Nº 2: carreira solidaria no Día da Paz

Este ano a celebración do Día da non Violencia e a Pazcelebrámolo participando todo o alumnado nunha carreira solidaria contra a desnutrición infantil en colaboración coa ONG Save the Children.
O martes 30 de xaneiro repartidos durante a mañá en distintos horarios, o alumnado de cada curso participou na carreira.
Ao rematar recibiron un carné e un diploma acreditando o número de voltas para levar a casa. Voluntariamente, nos días seguintes á carreira, as familias patrocinadoras achegaron donativos que foron ingresados na conta da asociación Save the Children. A continuación unhas imaxes que relatan o acontecido. Agardamos que vos gusten!

CARREIRA SOLIDARIA EI from Educación Infantil Xunqueira 2 on Vimeo.

Quilómetros de Solidariedade from Estudios Fervelliño on Vimeo.

<

NADAL NO CEIP A XUNQUEIRA Nº 2

Concurso de postais de Nadal

Postal de Nadal 2017-18 from Educación Infantil Xunqueira 2 on Vimeo.

Queremos Felicitar as Festas a todas as familias do alumnado compartindo estas imaxes!

Samaín:III CERTAME DE RELATO CURTO E ILUSTRACIÓN

Queremos dar a grazas a todo o alumnado pola numerosa participación deste ano. Parabéns a todos polas historias e debuxos tan logrados!

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

PREMIOS DE ILUSTRACIÓN from Educación Infantil Xunqueira 2 on Vimeo.

2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

PREMIOS RELATOS CURTOS from Educación Infantil Xunqueira 2 on Vimeo.

Samaín e magosto 2017 no CEIP A Xunqueira Nº 2

A xornada do 31 de outubro celebramos o Samagosto, comezamos no Salón de actos coa proxección de Bóla de Manteiga, seguido polo prendido das cabazas e rematado no patio con degustación de castañas e baile de disfraces!
Agardamos que vos guste moito, foi unha festa monstruosa e moi gustosa!!!

Entrega de premios Samaín 2017.

Entrega de premios SAMAIN 17 from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Podedes ver máis información do Samagosto do CEIP A Xunqueira Nº 2 nos blogs da Biblioteca e de E. Infantil.

OLIMPÍADA 2017

XADREZ NA RÚA 2017