FILLOAS

INGREDIENTES
¼ l de auga
¼ l de leite
4 ovos
150 g de fariña
1 chorro de anís
raspadura de limón
PREPARACIÓN
   Bater un pouco os ovos cunha pizca de sal, engadi-lo leite, a auga, o anís e a raspadura de limón; mesturar todo. Pouco a pouco imos incorporando a fariña. Deixamos repousar uns 15 minutos. Nunha tixola untada con touciño, botamos media cullerada de masa e movemos a tixola para que quede repartida por igual. Cando está dourada por un lado, dámoslle a volta. Sacámola e colocámola nun prato. Pódese espolvorear con azucre, rociar con mel, e mesmo rechear con nata ou crema pasteleira.

  

LACÓN CON GRELOS

INGREDIENTES

2 mollos de grelos
1 kg patacas
3 chourizos
1 lacón
1 cachucha
½ kg de costela de vaca
½ kg de polo
PREPARACIÓN

 Nunha pota poñemos a coce-lo lacón, a cachucha, os chourizos , a costela e o polo. A medida que esta carne está cocida vaise retirando e resérvase nunha bandexa. Nesa auga botámo-los grelos, lavados e partidos; cando fervan uns 10 minutos engadímo-las patacas enteiras. Cando estean cocidos, sácanse cunha escumadeira á bandexa. A carne terémola cortada en cachos noutra bandexa.