ASA DE CÁNTARO CON BACALLAO

 

   INGREDIENTES

 
      1 repolo grande
      1 kg de patacas
      ¾ kg de bacallao
      4 dentes de allo
      10 cl de aceite de oliva
      1 culleradiña  de pemento
      1 chorro de vinagre
 
   PREPARACIÓN
 

   Límpase a verdura e pártese. Mentras, temos unha pota a ferver con auga. Botámo-la verdura e deixámola ferver uns 20 minutos. Logo botamos as patacas partidas á metade. Cando leven fervendo 10 minutos, botámo-lo bacallao (que estará desalgado). Deixámolo ferver ata que estea cocido. Namentras poñemos nunha tixola o aceite e o allo, fritimos o allo ata que esté dourado. Sacámolo do lume, retirámo-lo allo e, cando o aceite estea no seu punto, botámoslle o pemento e o chorriño de vinagre. Escoamos a verdura e botámoslle o rustrido enriba. Tapámo-la pota e deixamos repousar uns minutos. Sérvese moi quente.

 

BOLOS DE MILLO

   INGREDIENTES
 
      800 g de fariña de millo
      200 g de azucre
      ¼ kg de manteiga
      20 cl de auga
      Sal
 
   PREPARACIÓN
 

    Facer unha masa coa fariña, a auga quente e o sal. Poñemos nunha pota a manteiga, para que se vaia quentando. Mentras, facemos bolos coa masa, que iremos botando á pota. Cando están cocidos, sacámolos e espolvoréanse co azucre.