Certame de poemas:
   Primeiro ciclo: "xa chega o Nadal....cos días da semana"
   Segundo ciclo: "xa chega o Nadal...coas cores do arco da vella"
   Terceiro ciclo: "xa chega o Nadal...cos productos tradicionais destas datas"

  Trátase de elaborar un poema dentro da temática do Nadal, pero introducindo outras nocións.

Confección de tarxetas de Nadal: "Deseña a túa tarxeta"

   Realizouse unha exposición de tarxetas de Nadal. Podíase empregar todo tipo de materiais, valorando os materiais de reciclaxe. Elixirase un eslogan para cada tarxeta, fomentado os valores de respeto, amistade, solidariedade,...

 
O alumnado do 1º ciclo leva a súa carta de Reis a correos

   Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo escribiron a súa carta ós Reis. Viaxan ata Boiro para entregala persoalmente na oficina de correos, aproveitando a ocasión para coñecer de cerca como é o seu funcionamento.

 
Festival de Nadal: teatro, contacontos, panxoliñas, poemas, bailes,...
   Cada aula presentou unha actividade no festival, que se realizou o día 22 de decembro.
Decoración e ambientación de pasillos, aulas,..